O mes de marzo é de moita actividade na Biblioteca do noso centro.
Durante os recreos tivemos ocasión de aprender coas lecturas de diferentes biografías de mulleres relevantes en distintos campos da ciencia, do deporte ou da arte.
Coa actividade "Venres de conto" a cativada de infantil gozou de contacontos impartidos por nenas de 6º curso do equipo de voluntariado da biblioteca: Maruxa de Eva Mejuto e Mafalda Milhoes, Dona Carme de Manuel Bragado e Pepe Carreiro, Os petos de Loreto de Quentin Blake, Iriña bailarina de Cristina Rodríguez e Paloma Justo foron os títulos que prepararon para eles.
Dentro do proxecto "As familias contan" dúas mamás das aulas de 1º de Primaria colaboraron coas titoras para preparar unha narración sobre a igualdade: "Vanesa non quere ser princesa" do escritor Xosé A. Perozo e ilustrado por Jaime Asensi, publicado por Auga editora.
Quedou testemuña no blog de 1º e 2º de Primaria:
http://amorruibalprimeirociclo.blogspot.com/2022/03/blog-post.html
Moitísimas grazas a todas pola vosa colaboración!
A igualdade conta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario