O Concello de Barro vén de convocar ao través da OMIX e da Biblioteca Pública o concurso "AS VERBAS QUE CONTAN" no marco da conmemoración das Letras Galegas 2022.
A convocatoria deste ano ten como novidade o tipo de composicións literarias a presentar: en prosa (contos ou microrrelatos) e en verso (acrósticos, caligramas ou haikus).
Podedes consultar as bases aquí.
Lembrade que o prazo de presentación dos traballos remata o
mércores 4 de maio.
Agardamos as vosas creacións!
Ánimo, artistas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario