Para poñer o broche de ouro a este curso tan especial, o alumnado de 2º e 3º de Primaria participou no xogo A BUSCA DO TESOURO.
Os equipos organizados, seguiron o plano do colexio para atopar as pistas agochadas en distintos espazos e así realizar as diferentes probas: operacións matemáticas, simetrías, recitar versos, facer unha torre de vasos, buscar seres vivos... Ata por fin dar co tesouro!
Encantoulles a actividade! Aquí tedes os resultados!
APERTAS ENORMES E FELICES VACACIÓNS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario