7 de marzo de 2024

A EMIGRACIÓN NO DÍA DE ROSALÍA

 Para a conmemoración do Día de Rosalía este ano 2024 reflexionamos nas aulas sobre a emigración.  Por esa razón pedimos colaboración ás  familias do centro aportando algunha fotografía de familiares que emigraron ( no pasado ou actualmente) indicando ademais o parentesco e o lugar onde estiveron. Cada aula investigou coas imaxes e información recibida e colocáronse a continuación no cartaz para completar ao retrato da ilustre poeta.

Como curiosidades as familias aportaron tamén unha carta escrita desde Montevideo, un visado para visitar a un familiar e unha maleta de madeira de cerdeira feita polo bisavó dunha alumna.

Ao mesmo tempo traballamos o poema "Adios ríos, adios fontes" do que elaboramos unha versión con pictogramas para acompañar o noso cartaz. Completou a decoración un fermoso marco de margaridas decoradas  e as letras que formaron o rótulo tamén en alusión a Rosalía.


Quedou fermosísimo!

Moitísimas grazas pola colaboración!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario