19 de maio de 2026
FESTA DA LINGUA 2026
LETRAS GALEGAS 2026
Nesta semana do 11 ao 17 de maio, o alumnado do CEIP Amor Ruibal conmemorou a Semana das Letras Galegas. Este ano, dedicado á escritora Begoña Caamaño
Realizáronse multitude de actividades, aquí vai un resumo!!!
26 de setembro de 2025
CONCERTO INICIO CURSO ESCOLAR
O noso alumnado de Primaria gozou hoxe do tradicional concerto didáctico de inicio do curso escolar a cargo da Banda - Escola de Música de Barro. As nenas e nenos escoitaron con moita atención, cantaron e tiveron a grandísima oportunidade de probar os instrumentos.
Pasárono xenial!!!
Moitísimas grazas!!!
Moitísimos Parabéns!!!
20 de xuño de 2025
ENTREGA AGASALLOS "AS VERBAS QUE CONTAN"
Na mañá de onte, xoves, recibimos na Biblioteca do centro ao Alcalde de Barro, Xosé M. Fernández Abraldes para felicitar ao alumnado de Infantil pola súa participación no Concurso As verbas que contan 2025 ao que presentaron uns magníficos contos creados nas aulas. Fixo entrega, neste breve acto, duns lotes de libros para incorporar ás bibliotecas das respectivas aulas.
Cada encargado ou encargada de aula recibíu o lote de libros e un forte aplauso de todas as personas alí reunidas, logo posaron en grupo co agasallo recibido antes de volver as súas respectivas aulas.
Moitísimos Parabéns!!
Moitísimas grazas!!
6 de xuño de 2025
CASTELAO PARA CRIANZAS
O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria (3º, 4º, 5º e 6º) gozou na mañá de hoxe dunha interesantísima e enriquecedora actividade no Salón de Actos da Biblioteca Pública: "Castelao para crianzas" financiada ao abeiro do Programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, neste 2025 que se celebra o Ano Castelao.
Nesta sesión, e a través da narración, da música e o debuxo, tiveron a oportunidade de coñecer de cerca a figura do polifacético autor Alfonso D. Rodríguez Castelao, a súa obra e o seu amor pola lingua e cultura galegas.
Moitísimas grazas por iniciativas como esta que apoian a nosa cultura!!
31 de maio de 2025
PROXECTO "AS NOSAS CANTIGAS" DE BARRO
Ao longo do curso, alumnado e familias colaborastes na recompilación de cantigas, xogos, adiviñas... Propios da nosa zona e doutros lugares nos que temos achegados, amizades...
Compartimos con outros centros de Galicia algunhas cantigas deste proxecto como xa mencionamos nunha entrada anterior:
Proxecto intercentros: As nosas cantigas
Hoxe queremos amosar o resultado da nosa escolma, na que agrupamos as follas de recollida por parroquias do noso concello e outros lugares de Galicia. Esperamos que vos gusten.
Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!
23 de maio de 2025
CINEFÓRUM CON NOVOS CINEMAS
Esta semana todo o alumnado do centro gozou dunha xornada de cinefórum a cargo de Suso Novás, director do Festival Novos Cinemas.
Cada un dos ciclos desprazouse ao Pazo da Crega (cedido polo Concello para esta actividade) para visionar unhas magníficas curtametraxes de animación cheas de valores tales como a bondade, a empatía, o amor fraternal, a diversidade, e a soliedaridade entre outros e participar a continuación dun animado coloquio.
- La Boulangerie de Boris (A panadería de Boris)
- Tournesol (Xirasol)
- Parapluies (Paraugas)
- Entre Deux Soeurs (Entre irmáns)
- Va-T'en Alfred (Lisca, Alfred)
Moitísimas grazas!!
16 de maio de 2025
FESTA DA LINGUA 2025
Hoxe, na fermosa mañá solleira do 16 de maio, o alumnado de 6º acudiu á Tafona de Caldas de Reis para asistir á Festa da Lingua. Nela gozamos de recitados de obras inéditas, espectáculos musicais e monólogos en directo na nosa fermosa lingua.
O momentazo estelar chegou coa actuación de "As Tanxugueiras" que se animaron, de forma desinteresada, a celebrar con nós o Día das Letras Galegas! Cantaron tres cancións, dúas delas de especial recordo para as nosas homenaxeadas, as cantareiras. A outra, como non podía ser doutro xeito, a mundialmente coñecida, Terra, que cantamos todas e todos xuntos a viva voz con elas.
15 de maio de 2025
LETRAS GALEGAS 2025
Hoxe gozamos dun marabilloso concerto no marco da conmemoración do Día das Letras Galegas, adicadas este ano ás cantareiras, que tanto e tan ben fixeron, fan e farán pola lingua e cultura galega.
Unha boa mostra do seu legado escoitámola hoxe na Nave da Música, que se encheu de talento local, completamente entregado a preservar e transmitir de xeración en xeración a música tradicional e a poesía popular oral. Así, integrantes da Asociación Peñaflor, Inés Tilve, Felipe Rea e nenas e mozas do Grupo de Danzas Amor Ruibal fixeron as delicias de todas as persoas alí reunidas.
Como colofón da magnífica celebración, todas e todos cantamos a todo cantar Olvídame.
Moitísimas grazas!!!
Moitísimos Parabéns!!!
Ao remate deste concerto, todas as persoas participantes recibiron un bonito agasallo conmemorativo.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
13 de maio de 2025
PROXECTO INTERCENTROS: "AS NOSAS CANTIGAS"
Nesta semana das Letras Galegas 2025, adicadas ás "Cantareiras e á poesía popular oral", queremos compartir con vós o resultado do traballo realizado sobre a procura de "As nosas cantigas", un proxecto no que participamos 21 centros educativos de toda Galicia. Aínda que botou a andar hai uns meses, por fin podemos compartilo con todas e todos vós!
23 de abril de 2025
HISTORIAS DE CINE NO DÍA DO LIBRO
No marco da conmemoración do Día do Libro, gozamos hoxe de dúas magníficas funcións relacionadas co tema do noso PDI "O cine"que correron a cargo de Raquel Queizás.
O alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria acudíu á representación de "Cinema Maravillas. Ver para Ler" no que que descubriron catro contos clásicos da literatura a través de adaptacións de cine mudo. Grazas a diversas técnicas cinematográficas gozamos do inxeño de Queliña mergullada nestes contos.
Pola súa banda, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria coñeceu de primeira man a figura de Alice Guy como precursora cineasta e contadora de historias, na función que leva por título "Cinema de historias da man de Alice Guy"
Pasámolo de cine!
Moitísimas grazas!
22 de abril de 2025
DO LIBRO ÁS LETRAS. 21 DÍAS EN GALEGO
Baixo este nome recollemos as actividades que se desenvolven no centro entre dúas datas de gran relevancia: O Día do Libro (23 de abril) e o Día das Letras Galegas (17 de maio).
No calendario podedes comprobar a gran variedade de propostas para estas semanas nas que o equipo de "axudantes de Biblioteca", especialmente o alumnado de 6º curso, ten unha importante participación como alumnado colaborador.
11 de abril de 2025
VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA
Ao longo desta semana o alumnado de Infantil e Primaria visitou a Biblioteca Pública para desenvolver actividades variadas con motivo da conmemoración do Día do Libro.
Este ano e contando coa colaboración do Club de lectura "Un ollo de vidro" dispuxeron para nós dun "alcoubo" de palabras características e peculiares da nosa zona que quixeron rescatar e poñer en valor para dar a coñecer entre a cativada e evitar así a súa perda.
Así mesmo e dado que este 2025 se celebra o Ano Castelao, tiveron a oportunidade de afondar na bibliografía deste polifacético autor.
Moitísimas grazas por esta fermosa actividade!
Parabéns ao Clube de lectura pola iniciativa!
14 de marzo de 2025
O CORVO DE CORALIA
Na mañá de hoxe recibimos a Xosé M. Fernández Abraldes (Alcalde de Barro) para presentarnos á que por primeira vez é mascota do entroido en Barro.
Repartido en dous grupos, todo o alumnado do centro reuniuse no ximnasio para coñecer de primeira man a súa historia, pois parece ser que aló polos anos 60 do pasado século XX había no lugar d'O Curuto en Barro un corvo moi popular chamado "Paco", rescatado do olvido como figura carnavalesca: "O corvo de Coralia"
8 de marzo de 2025
CANTAREIRAS, CONTADA POLA IGUALDADE
En catro sesións, unha para cada un dos ciclos educativos do centro, escoitamos a Carlos Taboada como emocionado contacontos, Alba Faro e Marcelo Dobode entusiastas "cantareiras" e acompañados de Tania Solla coas súas magníficas ilustracións.
Interesantísimas e constructivas xornadas!
Moitísimas grazas!






















.jpg)
.jpg)
.jpg)


























