O alumnado de 5º de Primaria presentou na Biblioteca ante todo o alumnado e profesorado as candidaturas para o XV Premio MIMI que o noso centro concede a persoas ou entidades destacadas polo uso, defensa e difusión da lingua galega.
Este ano as candidaturas son as seguintes:
- Fillas de Cassandra
- Fina Casalderrey
- Neeumatiko
- Olaxonmario
- Pakolas
- Paula Carballeira
- Uxía Lambona e a banda molona
Na mañá do martes tivo lugar unha emocionante e intensa xornada electoral, na que alumnado e profesorado emitíu o seu voto.
Tralo escrutinio coñecemos a candidatura gañadora que resultou ser ...
UXÍA LAMBONA
E A BANDA MOLONA!!!
Moitíiiisimos Parabéns!!!
E... moitísimas grazas a todas as persoas e entidades que ano tras ano apoiades e colaborades con nós para manter vivo este fermoso proxecto !!
No seguinte vídeo podedes ver un breve resumo,
Ningún comentario:
Publicar un comentario