Comezou a gala con "O rap da lingua" de Migallas, que todos e todas cantamos con moito entusiasmo.
A continuación, o alumnado de 5º lembrou todas as candidaturas recibidas este ano antes de proclamar ben forte o nome da gañadora:
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA!!!
E xa coa banda no escenario, unha agradecidísima Uxía fíxonos vibrar e saltar con dúas cancións que moi ben coñecemos: "Parabéns para ti" e "Rock molón" que foron coreadas e bailadas con moitísima devoción por todos os nenos e nenas.
Foi unha gozada!
Pasámola xenial!!
Mil veces grazas!!!
Antes de despedírmonos, Uxía e a Banda Molona posaron moi pacientemente con todos os grupos do colexio e deixaron a súa pegada cunha bonita dedicatoria no Libro de Honra da nosa Biblioteca así como un fermoso agasallo para incorporalo aos nosos fondos.
Moitísimas grazas ao Concello de Barro por facilitar a organización do acto e a Santi Pazos polo seu apoio técnico!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario