![]() |
5º e 6º curso de Primaria. |
A primeira exposición do PDI deste curso escolar tivo lugar a pasada semana na biblioteca do noso centro.
Manuel Oubiña Maquieira é alumno de 6º curso de Primaria, Presentou este traballo tan interesante que elaborou na clase de apoio coa profesora Ángela dentro do Proxecto de centro deste ano "Bichería animal"
O título do seu traballo: "Razas autóctonas de animais de Galicia en perigo de extinción"
Manuel investigou, buscou información que seleccionou e empregou para elaborar a súa presentación.
Queremos amosar unha escolma de fotografías da súa exposición aos compañeiros e compañeiras dos distintos niveis.
Fíxoo moi ben e a nós gustounos moito.
Grazas Manuel, por este gran traballo!
![]() |
Alumnado de Infantil (5 anos) |
![]() | |
3º e 4º curso de Primaria. |
Un saúdo.
MIMI.
![]() |
1º e 2º curso de Primaria. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario