Foi esta unha semana de moita actividade no noso centro. Como lestes nunha entrada anterior, convocamos - coa colaboración do Concello de Barro - a todas as persoas que quixeran vir para concentrarse con nós no patio de infantil do noso colexio.
O alumnado de 5º e 6º curso foi o encargado de preparar as pancartas e o "manifesto" coas súas "reflexións" para esta concentración. Podedes ler todo o seu traballo na aula se premedes no enlace ao seu blog:
Na biblioteca do centro fixemos, durante a mañá do venres, varios contacontos (que nós chamamos "Venres de conto"). Un grupo de Voluntarias da Biblioteca e a profe Mª Carmen leron aos distintos grupos que por alí pasaron o conto "Unha feliz catástrofe" de Adela Turín & Nella Bosnia, álbum ilustrado publicado pola editorial Kalandraka.
Amosamos un vídeo-resumo destas actividades.
En Barro, á violencia de xénero dicímoslle: STOP!
Grazas a todos e todas pola vosa participación!
Un saúdo
MIMI
Ningún comentario:
Publicar un comentario