Coñecemos xa cales son os traballos finalistas do concurso que, para conmemorar as Letras Galegas, convoca a Coordinadora Terras do Umia e quixemos reunir a todos e todas na Biblioteca do noso centro para facerlle entrega dun pequeno agasallo.
Dentro da modalidade de Microtextos, o alumnado de Primaria elaborou Micropoemas e Microrrelatos. Na imaxe presentamos as finalistas e os finalistas.
O alumnado de 6º A de Infantil resultou tamén finalista coa súa Microcreación e posou así de contento co seu cartaz e o seu agasallo.
Parabéns artistas!!
Sigamos creando!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario