Co remate do curso chegou ás vosas casas a edición en papel da revista escolar. Hoxe publicamos a edición dixital para que a gocedes a toda cor.
Podedes acceder a esta e ás revistas anteriores a través do blog de lecturas e produccións propias, do que tedes enlace na barra da dereita si premedes na imaxe da revista "Cousas Nosas" ou ben premendo no enlace a continuación.
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2017-18 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2017-18 b>. Amosar todas as publicacións
1 de xullo de 2018
Lecturas recomendadas
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras da Biblioteca para este verán. Unha ampla variedade de títulos para que gocedes cun libro durante as vacacións.
Etiquetas:
Animación Lectura,
Biblioteca,
Curso 2017-18,
Dinamización,
EDLG,
Guías lectura,
Lectura,
Producións propias,
Publicacións
30 de xuño de 2018
Graduación e Entrega de Orlas
A pasada semana celebramos no noso centro o Acto de Graduación e Entrega de Orlas ao alumnado de 6º de Primaria e Educación Infantil. Quixemos facer partícipes ás familias polo que convidamos aos familiares do alumnado homenaxeado en cada acto.
A entrega de 6º de Primaria estivo amenizada pola Banda da Escola de Música de Barro, integrada por alumnos e alumnas, a maioría, do centro e dirixida por Alberto Busto Castaño.
Velaí o vídeo resumo:
Despois do tempo de lecer tivo lugar o acto de entrega para a rapazada de 6º de Infantil, que tamén contou coa presenza das súas familias. Podémolo ver no seguinte vídeo:
A entrega de 6º de Primaria estivo amenizada pola Banda da Escola de Música de Barro, integrada por alumnos e alumnas, a maioría, do centro e dirixida por Alberto Busto Castaño.
Velaí o vídeo resumo:
Despois do tempo de lecer tivo lugar o acto de entrega para a rapazada de 6º de Infantil, que tamén contou coa presenza das súas familias. Podémolo ver no seguinte vídeo:
Parabéns a todos e todas!
Bo verán, e ...
Vémonos en setembro!
Etiquetas:
Biblioteca,
Curso 2017-18,
EDLG,
familias,
Graduación,
Producións propias,
vídeos
29 de xuño de 2018
XXXIX FESTA DO VIÑO DE BARRO
Compartimos hoxe tres vídeos sobre a Festa do Viño de Barro 2018 na que tivo a honra e o pracer de participar como pregoeira a mestra de música Claudia Favorecido, que contou coa activa colaboración da comunidade educativa do CEIP Amor Ruibal de Barro no emotivo acto inaugural que tivo lugar o venres 15 de xuño no Pazo da Crega.
Reiteramos a nosa máis profunda gratitude e, asemade, agradecemos enormemente a xenerosa colaboración de Gloria e Harry, integrantes do grupo musical Mamá Cabra, por acompañármonos á hora de interpretar o seu Baile da Paz, que tan ben recolle o espírito alegre, solidario e pacífico característico desta emblemática Festa.
Reiteramos a nosa máis profunda gratitude e, asemade, agradecemos enormemente a xenerosa colaboración de Gloria e Harry, integrantes do grupo musical Mamá Cabra, por acompañármonos á hora de interpretar o seu Baile da Paz, que tan ben recolle o espírito alegre, solidario e pacífico característico desta emblemática Festa.
- Vídeo resumo no facebook Novas de Barro (editado o 28 de xuño):
- No programa Orixe e Calidade (emitido o xoves 21 de xuño) do CANAL RÍAS BAIXAS (a partir do minuto 9, aproximadamente):
- No programa De festa en festa (emitido o 26 de xuño) do CANAL RÍAS BAIXAS:
Etiquetas:
Colaboracións,
Comunidade Educativa,
Concello,
Conmemoracións,
Cultura,
Curso 2017-18,
Dinamización,
EDLG,
familias,
Lingua Galega,
Música,
Tradición Oral,
Valores,
vídeos
28 de xuño de 2018
Proxecto de Robótica
Resumimos neste vídeo as actividades maís destacadas do Programa de Robótica Educativa en Primaria, no que participou alumnado e profesorado de Infantil e Primaria.
Para o seu desenvolvemento, deseñaron e levaron adiante un proxecto sobre a Prehistoria, "Os Petróglifos", que quedou recollido en entradas anteriores deste blog así coma nos blogs das aulas participantes:
En "O blog de MIMI":
https://oblogdemimi.blogspot.com/search/label/Petr%C3%B3glifos
En Infantil:
http://pequecholandia.blogspot.com/search/label/PETRA
En 3º e 4º de Primaria:
http://amorruibalsegundociclo.blogspot.com/search/label/petr%C3%B3glifos
En "O blog de MIMI":
https://oblogdemimi.blogspot.com/search/label/Petr%C3%B3glifos
En Infantil:
http://pequecholandia.blogspot.com/search/label/PETRA
En 3º e 4º de Primaria:
http://amorruibalsegundociclo.blogspot.com/search/label/petr%C3%B3glifos
Pasado e futuro unidos pola tecnoloxía!
APAIXONANTE!
Etiquetas:
Alfin,
Biblioteca,
Ciencia na Biblioteca,
Curso 2017-18,
EDLG,
Formación,
Pensar,
Petra,
Petróglifos,
Prehistoria,
Robótica,
Tecnoloxías,
Video
27 de xuño de 2018
"Petro Go" e as visitas aos Petróglifos
Unha vez rematado o Proxecto dos Petróglifos o alumnado participante realizou unha saída ao PAAR (Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro) para realizar unha visita guiada e uns obradoiros.
Podedes ler máis sobre estas visitas accedendo aos blogs e premendo nos seguintes enlaces:
O enlace a este mapa virtual témolo na marxe dereita deste blog baixo o nome de: "Petro Go" e podedes acceder premendo na imaxe que amosamos a continuación
Etiquetas:
Alfin,
Arte,
Biblioteca,
Cartas MIMI,
Colaboracións,
Cultura,
Curso 2017-18,
EDLG,
familias,
Petra,
Petróglifos,
Prehistoria,
Producións propias,
Proxectos,
Publicacións
21 de xuño de 2018
Entega de agasallos a Infantil
O pasado 13 de xuño O alcalde de Barro Xosé Manuel F. Abraldes e Pilar Álvarez, responsable da OMIX e Biblioteca Pública estiveron na Biblioteca do noso centro para facer entrega dos agasallos pola súa participación no tradicional concurso de contos convocado polo Concello "Os contos que contan"
Recollemos no seguinte vídeo un resumo fotográfico do acto:
Máis información no blog de Infantil:
https://pequecholandia.blogspot.com/2018/06/entrega-agasallos-polos-contos-que.html
Recollemos no seguinte vídeo un resumo fotográfico do acto:
Máis información no blog de Infantil:
https://pequecholandia.blogspot.com/2018/06/entrega-agasallos-polos-contos-que.html
Seguro que gozaremos con estas lecturas!
Moitísimas grazas!!
16 de xuño de 2018
As mans de Barro
O alumnado do CEIP Amor Ruibal de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria visitou a exposición de cerámica "As mans de Barro", sita na Sala de Exposicións do Concello de Barro, na primeira semana de xuño. Así mesmo gozou dun fantástico e interesantísimo obradoiro impartido polo artesán da nosa terra Celso García Alonso, autor das pezas expostas.
Aquí podedes mirar un vídeo resumo destas visitas:Para obter máis información sobre a mesma podedes acceder aos blogs dos distintos niveis.
Blog de 3º e 4º curso:
https://amorruibalsegundociclo.blogspot.com/2018/06/visita-exposicion-as-mans-de-barro.html
Blog de 5º e 6º:
https://amorruibaltercerciclo.blogspot.com/2018/06/as-mans-de-barro.html
Moitísimas grazas!!
Etiquetas:
Arte,
Artesanía,
Biblioteca,
BP,
Colaboracións,
Concello,
Cultura,
Curso 2017-18,
Dinamización,
EDLG,
Exposicións,
Obradoiros,
Video
15 de xuño de 2018
Xogo de pistas: "Os Petróglifos e a Prehistoria"
No terceiro trimestre desenvolvemos un proxecto sobre a Prehistoria, en concreto sobre "Os Petróglifos". O noso obxectivo principal era o de afondar no coñecemento de como vivían as persoas primitivas da Idade de Bronce.
O punto de partida foi un xogo de pistas que se desenvolveu na Biblioteca e no que participou todo o alumnado de Infantil, ademais de 3º e 4º de Primaria.
A actividade desenvolveuse en sesións diferentes para cada aula. E así, divididos en grupos, acompañamos ao noso robot Mbot (programado polo alumnado de 4º curso co módulo sigue-liña branca) no seu percorrido, atopamos pistas en tarxetas ou agochadas en códigos QR (que dirixían a un texto ou a enlaces web) como a que escondía o holograma de "Petra" programado polo alumnado de 4º na clase de ALFIN, atopamos outras que ofreceron infomación a través dun vídeo ou nos levaron cara os libros informativos.
Foi
emocionante comprobar como puidemos completar o percorrido que MIMI nos
propuxo e recibimos como agasallo un sobre con máis material
divulgativo para a aula.
Etiquetas:
Alfin,
Biblioteca,
Colaboracións,
Cultura,
Curso 2017-18,
EDLG,
Formación usuarios,
Mulleres,
Pensar,
Petra,
Petróglifos,
Prehistoria,
Producións propias,
Reflexións,
Robótica
13 de xuño de 2018
Voces de Mulleres
Chegado o remate do curso, chega tamén o momento de amosar as producións de cada aula. Despois de investigar a figura da muller nos distintos campos propostos inicialmente: Ciencia, Literatura e Arte, este é o resultado do Proxecto Voces de Mulleres en cada aula.
AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Podedes consultar a lista de todas elas no seu blog: PEQUECHOLANDIA
O alumnado de Infantil expuxo a outras nenas e nenos de infantil, 1º e 2º curso de Primaria, o resultado da súa investigación sobre a vida e obra de diferentes mulleres en campos moi variados: científico, literario, artístico, musical, deportivo, da saúde e do sector servizos.
Aulas de 3 anos, 4º de Infantil


Aulas de 5 anos, 6º de Infantil
AULAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Rosalía de Castro, Pilar Mateo Herrero, Yayoy Kusama, Mª Antonia Dans e Isabel Zendal foron as mulleres escollidas en 1º e 2º de Primaria para o proxecto Voces de Mulleres. Os resultados das súas investigacións foron expostos e compartidos co alumnado de Infantil.
Máis información no blog de 1º e 2º:

Marie Curie, Gloria Fuertes, María Canosa, María Martiñón, Fina Casalderrey, Marisa Núñez, Mabel Rivera, Ledicia Costas, Marilar Aleixandre e Patricia Castelao, entre outras, son as mulleres sobre as que o alumnado de 3º e 4º curso desenvolveu o proxecto. Ao remate, compartiron o aprendido co alumnado de 5º e 6º de primaria.
Máis información no blog de 3º e 4º:
Máis información no blog de 3º e 4º:


O alumnado de 5º investigou a Emilia Pardo Bazán (escritora), Susana Seivane (música) e Ángeles Alvariño (bióloga). O alumnado de 6º centrouse en María Mariño (escritora), Antonia Ferrín Moreiras (astrónoma) e Cristina Castro (pintora). Logo, compartiron o aprendido coas compañeiras e compañeiros de 3º e 4º curso de Primaria.
Máis información no seu blog:
http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com/2018/06/exposicion-voces-de-mulleres.html
Un gran traballo!
Parabéns a tódalas aulas!
Etiquetas:
Alfin,
Arte,
Biblioteca,
CIENCIAS,
Conmemoracións,
Curso 2017-18,
EDLG,
Lectoescritura,
Mulleres,
Oralidade,
PDI,
Producións propias,
Proxectos,
Video,
Voces Mulleres
12 de xuño de 2018
Despedimos este curso no Club de Lectura
Despedimos o curso cunha nova xuntanza do Club de Lectura agora que rematamos "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure.
Nunha xuntanza anterior (no mes de abril) e para comprender mellor a situación de Kori e coñecer a problemática do pobo Saharahui, miramos con moita atención un vídeo que ademais sitúa feitos e localizacións do relato. Daquela quedou sen publicar no blog e por iso o compartimos agora.
Das reflexións comentadas destacaríamos as seguintes:
É unha historia moi triste, pois Kori perde o seu mellor amigo, o seu camelo.
Kori aprendeu a escribir con moita dificultade, pois é xordo e grazas ás "conversas" con Caramelo, Kori escribe ... unha morea de cousas.
Vivir nun campamento de refuxiados é moi duro. É unha mágoa a situación na que vive Kori.
Con esta xuntanza despedímonos ata o vindeiro curso, pensando xa en novas propostas de lectura.
Etiquetas:
Animación Lectura,
Biblioteca,
Club de lectura,
Curso 2017-18,
EDLG,
Historia. Valores,
Lectura,
vídeos
6 de xuño de 2018
Grupo de Danzas Amor Ruibal
Onte tivemos a sorte de desfrutar, no Salón de Actos da Biblioteca Pública, dunha actuación moi especial do Grupo de Danzas Amor Ruibal. E foi especial porque participou o alumnado de Infantil e Primaria do noso centro que está no histórico Grupo, acompañado por integrantes de máis longa traxectoria como son Adrián Sabarís, Anita Seijo, Inma Búa, Belén Búa e Brais Sabarís.
As pandeiretas, o bombo, o tamboril e a gaita resoaron con forza no Salón que vibrou coas cancións e bailes do noso repertorio de música tradicional, que o público seguiu entusiasmado. As cantareiras e pandereiteiras interpretaron marabillosamente Toutón e Pardalongas.

No apartado de baile, o alumnado demostrou a súa valía coa Ribeirana de Pigarzos e a Muiñeira de Buxos Verdes.
Unha auténtica gozada!
Parabéns e Moitísimas Grazas!
Etiquetas:
Baile,
Cancións,
Colaboracións,
Concello,
Cultura,
Curso 2017-18,
Danzas,
EDLG,
Lingua Galega,
Música,
Tradicións,
Valores
28 de maio de 2018
Contacontos Interciclos
Esta actividade de lectura compartida desenvolveuse un ano máis no noso centro nas dúas últimas semanas, no marco das actividades das Letras Galegas. As diferentes aulas prepararon contos para ler, contar ou dramatizar ante compañeiros e compañeiras doutro nivel.
O alumnado do IES de Barro, acompañado dos seus profes, Miro e Paco, participaron cun breve recital poético - musical.
O alumnado do IES de Barro, acompañado dos seus profes, Miro e Paco, participaron cun breve recital poético - musical.
Damos conta de todo no seguinte vídeo resumo:
O alumnado de 6º curso de Educación Infantil participou desta actividade visitando a EEI A galiña azul de Barro, onde as crianzas contaron os contos que previamente prepararan nas aulas:"Imos cazar un oso" a clase de 5 anos A, e "Tres lobos e un pirata" a de 5 anos B.
Podedes miralos neste vídeo:
Máis información no blog de Infantil:
As familias contan ...
Excelente!
Así é como calificamos a acollida que tivo este ano esta actividade na que convidamos as familias do noso alumnado a compartir coas aulas dos seus fillos e fillas un feixe de contos, pero tamén cantos, música, receitas de cociña, ocupación laboral, ...
Deste xeito quedou recollida toda a actividade no blog de Infantil:
http://pequecholandia.blogspot.com.es/search/label/AS%20FAMILIAS%20CONTAN
http://pequecholandia.blogspot.com.es/search/label/AS%20FAMILIAS%20CONTAN
Moitísimas grazas a todos e todas polo voso tempo!
Grazas a todos e todas polo esforzo!
Grazas, porque para nós ... As familias contan!
Etiquetas:
Animación Lectura,
Biblioteca,
Cancións,
Colaboracións,
Conmemoracións,
Contos,
Curso 2017-18,
Dinamización,
EDLG,
familias,
Lectura,
Letras Galegas,
Visitas
25 de maio de 2018
Concurso de Portadas
Un ano máis MIMI, a nosa mascota, convoca o Concurso de Portadas para a revista escolar "Cousas nosas".
Data límite de entrega de traballos: martes, 5 de xuño.
Lugar: Biblioteca do CEIP Amor Ruibal.
Animádevos a participar!!
Etiquetas:
Arte,
Biblioteca,
Cartas MIMI,
Concursos,
Curso 2017-18,
Dinamización,
EDLG,
PDI,
Producións propias,
Proxectos,
Revista,
Voces Mulleres
20 de maio de 2018
Celebramos as Letras Galegas
O pasado mércores, véspera do Día das Letras Galegas, reunímonos no ximnasio do centro durante a "Hora de Ler" para rendir a nosa pequena homenaxe a María Victoria Moreno, interpretando todas e todos xuntos a canción creada para o concurso Sondoumia: "Tecendo voces". Resultou un acto sinxelo pero moi emotivo.
"As persoas estamos feitas para levarmos adiante
os proxectos máis fermosos, dixo María Victoria Moreno"
(Retrouso da canción "Tecendo voces", cita do seu libro "Anagnórise")
Os corredores locen tamén cartaces alusivos a esta Galega de corazón que foi María Victoria Moreno.
Ademais, estanse a realizar nas aulas, ao longo deste mes, variadas actividades como podemos apreciar nos blogs dos distintos niveis:
17 de maio de 2018
Recomendación lecturas ...
Co gallo da celebración das Letras Galegas publicamos no centro este boletín de lecturas con títulos de Maria Victoria Moreno por unha banda, e outras obras que nos falan dela pola outra.
Felices lecturas!
15 de maio de 2018
VII Certame de Relatos Breves Feiraco
Feiraco Lácteos SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o VII Certame de Relatos Breves Feiraco, co fin de promover o coñecemento, o uso e a divulgación da lingua galega.
Podedes participar ata o 20 de maio cun microrrelato en galego que comece coa frase: "Subiu ata o faiado da casa e alí...", en homenaxe a María Victoria Moreno.
Consultade as bases na seguinte ligazón:
ANIMÁDEVOS!
Etiquetas:
Biblioteca,
Colaboracións,
Concursos,
Curso 2017-18,
EDLG,
familias,
Lectoescritura,
Letras Galegas,
Lingua Galega,
Microrrelatos
11 de maio de 2018
IX FESTA DA LINGUA
O pasado venres 4 de maio, alumnado de 6º de Infantil máis 2º B e 6º de Primaria asistiu á IX Festa da Lingua celebrada na Azucreira de Portas. Está organizada por Terras do Umia, Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
O programa foi moi variado: Actuacións musicais de Primaria e Secundaria (concurso Sondoumia), entrega de premios dos concursos de Microcreacións e Microtextos (nos que actuou como xurado Nacho Taibo), monólogos (concurso Contaumia), textos sobre María Victoria Moreno, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018, entrega do premio Lingumia a Marián Bañobre e actuación do trío Tanxugueiras, que fixo tamén de xurado do Sondoumia.
O CEIP Amor Ruibal recolleu dous premios:
O alumnado de 6º defendeu no escenario a súa canción Tecendo Voces. Ademais, Héctor Núñez fixo o seu debut como monologuista diante do xurado Fran Rei.
Velaquí un pequeno vídeo resumo:
O CEIP Amor Ruibal recolleu dous premios:
- Microcreación: Alumnado da clase de 5 anos A, da man do xurado Fran Rodríguez Remiseiro.
- Micropoemas categoría B.1: Hugo Latas Lucio de 2º B.
O alumnado de 6º defendeu no escenario a súa canción Tecendo Voces. Ademais, Héctor Núñez fixo o seu debut como monologuista diante do xurado Fran Rei.
Unha festa sensacional !
Moitísimas grazas a todas as persoas participantes !
Parabéns ás persoas que resultaron premiadas !
Máis información nos blogs de Pequecholandia, 1º e 2º así como no de 5º e 6º :
http://pequecholandia.blogspot.com.es/2018/05/premio-microcreacion-terras-do-umia_11.html
http://amorruibalprimeirociclo.blogspot.com.es/2018/05/premio-microtextos-terras-do-umia.html
http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/2018/05/participamos-na-festa-da-lingua.html
http://pequecholandia.blogspot.com.es/2018/05/premio-microcreacion-terras-do-umia_11.html
http://amorruibalprimeirociclo.blogspot.com.es/2018/05/premio-microtextos-terras-do-umia.html
http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/2018/05/participamos-na-festa-da-lingua.html
Velaquí un pequeno vídeo resumo:
Tamén podedes botar unha ollada a este vídeo resumo do IES Aquis Celenis:
8 de maio de 2018
Os contos que contan. Resolución do concurso

A entrega de premios e lectura dos contos premiados terá lugar na Biblioteca Pública do Concello o vindeiro Mércores 16 de Maio ás 17:00 horas.
Queremos felicitarvos a todos e todas por ser esta unha edición cunha grande participación!
Parabéns a todas as persoas premiadas!!
Etiquetas:
Biblioteca,
BP,
Colaboracións,
Concello,
Concursos,
Conmemoracións,
Contos,
Curso 2017-18,
Dinamización,
EDLG,
Letras Galegas,
os contos que contan
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)