No marco do Programa para o Fomento da Igualdade que estamos a desenvolver no centro ao longo deste curso escolar, o equipo da Biblioteca organizou tres sesións de contacontos para o alumnado de Primaria con Cris De Caldas.
De 1º a 4º de Primaria, o alumnado gozou da sesión `Rosa non é unha cor...´ na que Cris desenvolveu con moito humor tres contos sobre a igualdade:
- `Ferdinando, o touro´ de Munro Leaf.
- `As cores´. Adaptación de Cris de Caldas, inspirada no conto homónimo incluído no libro `Contos para antes de espertar´ de Nunila López Samanero.
- `A historia dos bonobos con lentes´ de Adela Turín.
Pola súa banda, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo o pracer de participar na sesión `Contos en lila´ sobre os rols de xénero e como desmontar algúns deles, ao través de catro historias:

- `A princesa vestida cunha bolsa de papel´ de Robert Munsch.
- `Unha Carapuchiña Vermella´ de Marjolaine Leray.
- `Simón, o chorón´ de Cris de Caldas.
- `As lavandeiras rebeldes´ de John Yeoman e Quentin Blake.
As sesións desenvolvéronse nun ambiente tan dinámico como divertido e contaron coa colaboración de todo o alumnado. Ao final, Cris escribiu unha fermosa dedicatoria no libro de sinaturas da Biblioteca.
Grandísimo pracer, Cris!!!
Moitísimas grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario