Amosando publicacións coa etiqueta Reflexións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reflexións. Amosar todas as publicacións

9 de maio de 2026

DÍA DE EUROPA 2026

Cada 9 de maio celebramos o Día de Europa para lembrar a Declaración de Schuman de 1.950, na que o ministro francés Robert Schuman deu os primeiros pasos para crear unha Europa unida. Con tal motivo, as alumnas e alumnos de 6º de Primaria crearon un fermoso mural cos principais símbolos europeos e os valores básicos para unha convivencia pacífica.

O mural quedou exposto no ximnasio e serviu de telón de fondo para os dous marabillosos concertos que estas mozas e mozos ofreceron a todo o alumnado e profesorado do centro. Interpretaron o Himno de Europa, que é o Himno da Alegría de Beethoven, con xilófonos, metalófonos, carillóns, teclado, frauta, clarinetes, saxofón, fagot, peitoque e acordeón. 

Fixérono xenial!!!

 E recibiron moitos e merecidos aplausos!!!

FELIZ DÍA DE EUROPA!!!


9 de maio de 2025

DÍA DE EUROPA 2025

Para celebrar hoxe o Día de Europa, o alumnado de 6º de Primaria ofreceu dous magníficos concertos. 

 Baixo o lema "Unidos na diversidade" estes mozos e mozas elaboraron un vistoso mural que decorou o escenario.

 

Como non podía ser doutro xeito, interpretaron o Himno de Europa, que é o Himno da Alegría, composto por Beethoven hai xa 201 anos. 

Precisamento iso é o que pedimos nós: alegría, mais tamén liberdade, solidariedade e, sobre todo, paz para todos os países europeos, en especial, para Ucraína.

Que así sexa!!!

 





FELIZ DÍA DE EUROPA!!!

2 de abril de 2025

2A: DÍA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 


Cada 2 de Abril, ademais do Día do Libro Infantil e Xuvenil, conmemoramos o Día Mundial da Concienciación Sobre o Autismo para dar visibilidade e coñecer mellor ás persoas que o padecen.

No seguinte "canva" podedes atopar o cartel conmemorativo e dúas páxinas que conteñen enlaces a curtas de vídeo así como a varias recomendacións e propostas de lecturas sobre esta temática.


 

Día do Autismo 2025 de Cole de Barro

 

Na mañá de hoxe e buscando dar visibilidade a esta data, todo o alumnado e profesorado saimos ao corredor exterior de entrada ao centro para atar lazos de cor azul nas barandas que loceran estes días.

 


 
 


15 de febreiro de 2025

DELICIOSAS PERAS

O noso alumnado degustou na mañá do venres unhas peras que estaban a mar de deliciosas, cortesía, unha vez máis, da ANPA Amor Ruibal.


 

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns pola iniciativa!!!


31 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ 2025

Ao longo desta semana, para conmemorar o Día da Paz e o Día da Ilustración (ambos o día 30 de xaneiro) todo o alumnado desenvolveu actividades moi variadas de investigación, lectoescritura, musicais e plásticas que lles permitiron reflexionar sobre os valores da non violencia, o amor, a solidariedade, a cooperación, o compañeirismo e non a discriminación ou o egoísmo. Todos eles valores e actitudes que debemos ter en conta para resolver conflitos e acadar unha convivencia pacífica.

Este ano, e dado que o noso PDI é "Cine de Barro" empregamos curtametraxes, películas e videoclips para desenvolver o noso traballo. Podedes miralos a continuación premendo nos títulos:


El erizo (Infantil, 1º e 2º de EP)

For the birds Os paxaros (1º, 2º, 3º e 4º de EP)

The bridge A ponte ( 3º e 4º de EP)

A Joy Story: Joy and Heron  Unha historia "feliz": Joy e a garza (3º e 4º de EP)

O neno do pixama de raias. (5º de EP)

Are you lost in the world like me? Estás perdido no mundo coma mín? (6º de EP)

 

Velaquí o resultado do traballo realizado, variados e vistosísimos murais cheos de fermosas palabras froito das nosas reflexións.


 

 
 
 
 

 





15 de novembro de 2024

APETITOSAS MAZÁS

Moitísimas grazas á ANPA do CEIP Amor Ruibal polas apetitosas mazás coas que agasallaron a todo o alumnado do noso centro.

Mens sana in corpore sano



Moitísimos Parabéns pola iniciativa!!!



18 de outubro de 2024

DELICIOSAS MANDARINAS

Todas as nenas e nenos do colexio merendamos hoxe mandarinas, servidas pola ANPA Amor Ruibal.

Estaban deliciosas!!!

Moitísimas grazas!!!



3 de xuño de 2024

XORNADA INFORMATIVA

 No marco da conmemoración do Día Mundial sen tabaco,  desde o Programa de Prevención de Condutas Adictivas convídannos a participar nunha xornada informativa sobre 

"Tratamentos eficaces para deixar de fumar"

 

Data: mércores día 12 de xuño.

Lugar: Salón de sesións do Concello de Barro 

Hora: 20:00 hs


Animádevos a participar... e a intentalo!!

9 de maio de 2024

DÍA DE EUROPA 2024

O CEIP Amor Ruibal celebrou hoxe o Día de Europa con dous magníficos recitais conmemorativos a cargo do alumnado de 6º de Primaria, que interpretou o Himno da Alegría de Beethoven, que é o Himno Europeo.

Momentazos musicais que fixeron as delicias de todo o alumnado e profesorado, que seguiu con moito entusiasmo e atención as actuacións.

As mozas e mozos de 6º de Primaria foron tamén as que deseñaron e adornaron o escenario cun artístico e colorido mural.


  

 




MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

FELIZ DÍA DE EUROPA!!!

 

6 de maio de 2024

OBRADOIROS SOBRE ACOSO ESCOLAR

No marco da conmemoración do Día Internacional contra o Acoso Escolar e ao través da Fundación Amigos de Galicia, desenvolvéronse hoxe no centro escolar uns interesantes obradoiros, nos que participou con moita atención o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Moitísimas grazas!!!



4 de decembro de 2023

DELICIOSAS PERAS!!!

O noso alumnado degustou hoxe unhas deliciosas peras, repartidas pola ANPA do CEIP Amor Ruibal, co motivo do Día Internacional da Pera.

Moitísimas grazas!!!



27 de novembro de 2023

OS BOLECHAS FALAN DAS FAMILIAS

Na tarde de hoxe, o CEIP Amor Ruibal acolleu a actuación Os Bolechas falan das familias, financiada polo Ministerio de Igualdade a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, no marco do proxecto Facemos Corresponsabilidade 2023.

De forma lúdica e didáctica, o público asistente foi partícipe dunha posta en escena co obxectivo de poñer en valor a diversidade familiar e interiorizar a necesidade de colaborar nas tarefas da casa. E ata nos agasallaron cuns contos e cadernos!

Moitísimas grazas!!!



24 de novembro de 2023

25N 2023

Hoxe, 24 de Novembro, autoridades municipais e comunidades educativas do IES de Barro e do CEIP Amor Ruibal reunímonos diante do edificio do Concello para comemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e reivindicar o fin desta eiva social.

Fixémolo cantando a canción "Olvídame" de Xosé Lois Romero e Aliboria, coa participación especial de alumnas de ambos centros, integrantes do Grupo de danzas Amor Ruibal, que acompañaron con bombo e pandeiretas.




Ao longo das últimas semanas, desenvolvéronse nas aulas actividades diversas de concienciación e reflexión sobre a  violencia contra as mulleres, a igualdade e os roles de xénero.

Ademais, participamos no Concurso, convocado este ano polo Concello, do deseño de logo e lema para a conmemoración do 25N.


 

O deseño gañador é resultado da fusión do logo da alumna Lía Maquieira de 5º de Primaria e do lema presentado polo equipo de 6º de Primaria integrado  por Lara Aboy, Daniel Bugallo, Xiana Freire e Mateo González.

Merecidísimos Parabéns!!!


 
Como agasallo pola boísima participación, todo o alumnado recibiu unha pulseira e unha pegatina co logo e lema conmemorativo. Asemade, no acto fíxose entrega de cartaces co deseño gañador a cada un dos centros educativos do Concello.
 
 

 

Moitísimas grazas a todas as persoas e

 entidades colaboradoras!!!

Graciñas especiais ás alumnas que acompañaron instrumentalmente o noso cantar!!!