19 de abril de 2021

XXII SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Música, faladoiros, teatro, estreas, obradoiros, exposicións, roteiros e moitísimos libros no Salón deste ano que combinará presencial e virtual entre o 23 de abril e o 9 de maio en Pontevedra.

O fermoso cartaz desta XXII edición, que leva por título "Emerxencia Literaria: os libros salvan o planeta", foi deseñado pola ilustradora viguesa Aída Alonso.

Como novidade, dada a situación excepcional que nos toca vivir, contaremos todas as mañás nas escolas coa posibilidade de asistir en streaming a sesións de contacontos. Tamén atoparemos por toda a cidade de Pontevedra a "Orbil Parade", composta por 8 figuras de Orbil colocadas en puntos clave, en torno aos que se organizan roteiros.

A organización aposta pola presencialidade nas actividades, todas de balde e con todas as medidas hixiénicas, control de accesos, aforos e reserva previa na web do Salón https://www.salondolibro.gal/. No apartado de programación poderemos acceder ao sistema de "venda a custo cero" de entradas que se activarán de semana en semana, de mércores a mércores a partir do 21 de abril. Unha vez feita a reserva, se finalmente non podemos asistir é preciso chamar ou contactar coa organización para poder liberalas e que non se desperdicien.

Podedes descargar o programa aquí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario