Hoxe, 7 de abril, é o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. Con tal motivo, inauguramos no colexio a exposición Debuxos Saudables conformada por todos os debuxos do alumnado de 2º de Primaria, participante no V Certame convocado polos Concellos de Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, no marco do proxecto de Prevención de Condutas Adictivas no eido local.
Amelia Cancela Cancela, concelleira de Benestar Social, Educación e Sanidade e Julia Búa, psicóloga responsable do proxecto, estiveron na nosa Biblioteca para felicitar a todo o alumnado de 2º pola súa magnífica participación e facerlle entrega duns fermosos portalapis (cos debuxos gañadores do certame do ano pasado) máis os dípticos informativos do Día Mundial da Saúde, agasallos que tamén recibiron as nenas e nenos de 1º e 3º de Primaria.
Moitísimos Parabéns a Mariña Frieiro Silva (1º premio), Lara Fernández Cancela (2º premio) e Lucas Vila Diz (3º premio).
O debuxo de Mariña ilustra o manifesto deste ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario