Amosando publicacións coa etiqueta Comunidade Educativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comunidade Educativa. Amosar todas as publicacións

23 de xuño de 2026

GRADUACIÓNS 2026

O pasado martes celebramos os actos de Graduación e Entrega de Orlas ao alumnado que neste curso 2025/26 rematou as etapas de Infantil e Primaria.

O primeiro acto, ás 10:30 horas, foi para o alumnado de Infantil. Contaron coa compañía dos seus compañeiros e compañeiras de etapa ademais de familiares.  

Despois de mirar un emotivo vídeo no que recordaron a seu paso por esta etapa, as persoas titoras fixeron entrega da Orla conmemorativa.







Con vestimentas das súas "personaxes de conto" favoritas, quixeron agasallar ás persoas asistentes cantando e bailando unha fermosa coreografía ao ritmo de "De ellos aprendí" de David Rees, canción coa que rematou o acto.


 

Ás 12:30 hs comenzou o acto de Primaria no que recibiron de man das súas titoras un diploma e a Orla conmemorativa.

 

  



Despedíronse cantando unha versión adaptada ás súas alegrías, medos, inquedanzas... da coñecida "Superestrella" de Aitana.



Moitísimos Parabéns!!

Boa andaina na nova etapa!!

Feliz Verán!! 



21 de xuño de 2026

FESTIVAL DE FINAL DE CURSO 2026

O pasado venres celebramos no pavillón municipal o esperado Festival de Fin de Curso, unha xornada moi especial coa que puxemos o broche final a este curso escolar 2025-26.

Durante o festival, o alumnado de todos os niveis participou con moita ilusión e entusiasmo, interpretando diferentes cancións que prepararon ao longo das últimas semanas.

As familias e demais membros da Comunidade Educativa puideron gozar dun espectáculo cheo de música, ritmo e emoción, no que os nenos e as nenas do noso centro demostraron o seu talento. Desde as cancións máis animadas ata as interpretacións máis emotivas, todas as actuacións contribuíron a crear unha mañá inesquecible.


Queremos agradecer a implicación do alumnado, do profesorado, do concello e das familias, xa que a súa colaboración foi fundamental para o éxito desta celebración. Parabéns a todos e todas polo magnífico festival!

Felices vacacións!

5 de xuño de 2026

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIOAMBIENTE

     Ao longo desta semana, estivemos levando a cabo diferentes tarefas para conmemorar o Día Internacional do Medioambiente. 

      As horas de ler estiveron adicadas a lecturas relacionadas co monte galego e como previr incendios, plantamos catro cerdeiras donadas polo CIF de Lourizán, traballamos a canción "Verdescente" de Uxía Lambona e a Banda Molona e o venres estivo acompañándonos unha bióloga do CIF de Lourizán.

     Mirade o atarefados que estivemos plantando as nosas cerdeiras!!!




    Tamén elaboramos un cartel conmemorativo,  recollendo uns versos de Rosalía de Castro pero permitímonos unha pequena licenza...

                             Pronto poderemos velo na entrada do cole!!!

 

        Cando pensabamos que o traballo estaba rematado, a maxia, deste día tan importante, quixo facernos un agasallo en forma de dúas árbores. O avó de Raúl de 6º de educación infantil agasallounos con dúas novas árbores que plantaremos a semana que vén. Son dúas nogueiras de Pecán.


                            MOITAS GRAZAS, CARLOS!

    Agradecer, tamén,  a María Eugenia Miranda Fontaíña a doazón das cerdeiras e a súa visita. Agradecer ao Concello de Barro a súa disposición absoluta para levar a cabo este proxecto. 

   

   

1 de xuño de 2026

DÍA MUNDIAL SEN TABACO

 

 Cada ano, o 31 de maio, conmemórase o Día Mundial Sen Tabaco. Con tal motivo, e no marco do Proxecto de Prevención de Condutas Aditivas dos Concellos de Barro, Campolameiro, Cuntis, Moraña e Portas, queremos sumarnos á Organización Mundial da Saúde (OMS), co fin de resaltar os riscos do tabaquismo, para reducir o inicio no seu consumo e fomentar o abandono entre as persoas fumadoras.

O lema e o manifesto deste ano 2026, céntrase en desvelar as tácticas empregadas pola industria tabaqueira para facer que os seus nocivos produtos sexan máis atractivos:

"Desenmascarar o seu atractivo para contrarrestar 

a adicción á nicotina e ao tabaco"


 




19 de maio de 2026

FESTA DA LINGUA 2026

No marco da celebración das Letras Galegas, O venres 15 de maio, o alumnado de 1º, 5º e 6º acudiu á Tafona de Caldas de Reis para asistir á Festa da Lingua. Nela gozamos de recitados de micropoemas e microrelatos, espectáculos musicais e monólogos en directo na nosa fermosa lingua.

O momentazo estelar chegou coa actuación de "The Rapants" que amenizaron unha xornada na que celebramos todas e todos xuntos o Día das Letras Galegas! Cantaron varias cancións coas que conseguiron vencer á chuvia e facer bailar a todos os asistentes (mesmo houbo unha mención especial aos nenos e ás nenas de Barro polo que estaban gozando).



Encantounos a experiencia e oxalá a poidamos repetila moitas veces máis! 

Como non, debemos dar as grazas ao Concello de Caldas e á Secretaría de Política Lingüística por patrocinar o evento e, como non podía ser doutro xeito, ao Concello de Barro por facer posible que puidésemos acudir de forma gratuíta! Graciñas a todas polo voso bo facer! 

💙🤍 Viva a nosa lingua! Viva a Lingua Galega! 💙🤍

LETRAS GALEGAS 2026

Nesta semana do 11 ao 17 de maio, o alumnado do CEIP Amor Ruibal conmemorou a Semana das Letras Galegas. Este ano, dedicado á escritora Begoña Caamaño

Realizáronse multitude de actividades, aquí vai un resumo!!!



25 de febreiro de 2026

CORRIDA DO GALO 2026

Por mor das inclemencias do tempo atmosférico, soamente o alumnado de 2º e 3º de Primaria puido desfrutar das xornadas de demostración da "Corrida do galo" organizadas polo Concello de Barro a través da OMIX. O alumnado nas sesións de EF participou neste xogo tradicional que se celebra cada ano nas distintas parroquias do concello.

 O xogo consiste en bater, cos ollos tapados, nunha ristra de laranxas bravas ensertadas nunha vara de vimbio ata tiralas todas.

 


                        Un magnífico xogo cooperativo!

9 de febreiro de 2026

OBRADOIRO SAÚDE E FAMILIA

 O Concello de Barro a través do Proxecto de Prevención das Condutas adictivas, realizará o martes 24 de febreiro un obradoiro en liña sobre comunicación familiar positiva: "Mellora da convivencia en familias con adolescentes"


Con este obradoiro búscase informar e dar ferramentas ás familias para promover unha maior e mellor comunicación e convivencia familiar a través da cal fomentar hábitos e estilos de vida saudable.

A sesión será realizada en liña por persoal especializado da UNAF (Unión de Asociacións Familiares).

ANIMÁDEVOS!

A vosa presenza é moi importante.

 

Onde?  En liña

Cando?  24 de febreiro de 18:30 a 20:00 hs

Inscrición: Premendo a continuación ou no cartel en "INSCRÍBETE" 

Posteriormente recibiredes un enlace de acceso ao obradoiro (Zoom) 

 

20 de decembro de 2025

RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL

O Concello de Barro vén de publicar a resolución do Concurso de Felicitacións de Nadal, que contou un ano máis cunha grandísima participación.


As postais gañadoras de alumnado do noso centro son:


Categoría B - 1º e 2º de Primaria:

Gañadora:
 
 
Alma Segade Méndez  (2º A)
 

Finalistas:   

Saúl Ucha Tilve  (2º A)

 

 Martina Güimil Babarro  (1º A) 

 

 Vega Fontán Ríos  (1º A) 

 

Categoría C - 3º e 4º de Primaria:

 Gañadora:

 Iria Castro Oubiña  (4º A) 

 

 Finalistas:  

 Eileen Chan Rincón  (3º A)

 

 Carla Fontán Ríos  (4º A)

 

 Carla Chamadoira Franco  (3º A) 


Categoría D - 5º e 6º de Primaria: 

Gañadora:

 Sara Landín Castiñeira  (6º A) 

 

 Finalistas:

 Letizia Maquieira Carballal  (6º A)

 

 Lara Fernández Cancela  (6º B)

 

 Teo Orge Ferreiro  (6º A) 

 

 Categoría G (equipo):

 Gañadora:

  

Pablo Catro Oubiña  (5º A)  e  Elisa Oubiña Romero  (nai )

 

 Finalista: 

 Martín Naveiro Ramos (5º A)  e  Sandra Ramos Pereira  (nai )


Moitísimos Parabéns!!!

Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!!!



A entrega de agasallos terá lugar despois da Cabalgata de Reis, 

o día 5 de xaneiro na Nave da Música.


MOI BOAS FESTAS!!!

FELIZ  ANINOVO 2026!!!


10 de decembro de 2025

XXV CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Un ano máis ven de facerse pública a convocatoria do tradicional Concurso de Tarxetas de felicitación no Nadal do Concello de Barro no que habitualmente colaboramos.

 


PRAZOS

  • A data límite de entrega no centro será o luns, 15 de decembro de 2025. 
  • As entregas na OMIX serán antes do 17 de decembro, ás 14:00 horas.


CATEGORÍAS:

  • Categoría A: Infantil (só para os centros escolares, recibirán un pequeno detalle por participar)
  • Categoría B: 1º e 2º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría C: 3º e 4º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría D: 5º e 6º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría E: 1º e 2º da ESO (traballo individual)
  • Categoría F: 3º e 4º da ESO (traballo individual)
  • Categoría G: En equipo, que pode estar formado por nenos e familiares ou amizades, cun máximo de tres persoas.

 

PARTICIPANTES: 

Cada participante poderá entregar un máximo de dúas postais. 

 

 PRESENTACIÓN: (No formato facilitado polo Concello)

  • TAMAÑO: Medio folio DIN-A4 podendo ser en blanco e negro ou en cor.
  • TEMA: Un mundo mellor (solidariedade, respecto, tolerancia e empatía) .
  • IDIOMA: Empregarase o galego.


Bases completas no tablón de anuncios da sede electrónica do Concello de Barro:

https://barro.sedelectronica.gal/preview-document/8dc4a371-f1e5-4c8b-aa68-3d6fd85f76c0/ 

Animádevos a participar!

 

25 de novembro de 2025

25N 2025

Neste 25 de novembro, autoridades municipais, veciñanza e comunidades educativas do CEIP Amor Ruibal e da EEI de Curro unimos voces para reivindicar o noso rexeitamento a todo tipo de violencia, especialmente á exercida contra as mulleres.


Ao son da canción LISÍSTRATA (VARRE VASOIRA) de Fillas de Cassandra, pronunciámonos dicindo:

NON, NON, NON, NON!!!

Xa non calaremos máis!!! 


 

Ademais, participamos no Concurso de Deseño de logo e lema para a conmemoración do 25N que convocou o Concello de Barro a través da Concellería de Igualdade.

Nunha entrada anterior amosabamos un vídeo resumo dos cartaces que inclúen, entre outras, as creacións presentadas ao Concurso:

https://oblogdemimi.blogspot.com/2025/11/ambientacion-25n.html  

O deseño gañador é o resultado da fusión do logo presentado por Teo Orge Ferreiro de 6º de Primaria e do lema presentado por Elba Rivas Torres de 5º de Primaria.


Merecidísimos Parabéns! 

Moitísimas grazas a todas as persoas 

e entidades colaboradoras!!!

  

23 de xuño de 2025

GRADUACIÓN 2025

 O pasado martes celebramos os actos de Graduación e Entrega de Orlas ao alumnado que neste curso 2024/25 rematou as etapas de Infantil e Primaria.

O primeiro acto, ás 10:00 horas, foi para o alumnado de Infantil. Contaron coa compañía dos seus compañeiros e compañeiras de etapa ademais de familiares.  


 Despois de mirar un emotivo vídeo no que recordaron a seu paso por esta etapa, comezaron bailando con moito ritmo a canción "Greased lightning" que prepararon con moita ilusión. A continuación recibiron cadansúa Orla e posaron coas súas mestras.

 


Ás 12:30 hs comenzou o acto de Primaria no que recibiron de man das súas titoras un diploma e a Orla conmemorativa. 

 

  

  

  

 


A continuación Yaniri Domínguez, Alba Fontenla, Iria Martiñán e Sabela Carrera en representación das súas compañeiras e compañeiros falaron do seu paso polo centro e tiveron unhas palabras de agarimo e recordo para o profesorado.


 

Despedíronse cantando "Flipante!", unha orixinal e divertida versión do afamado tema da película Grease: "Greased Lightning"

 

Moitísimos Parabéns!!

Boa andaina na nova etapa!!

Feliz Verán!!