Marabillosa participación do alumnado de 4º, 5º e 6º curso de Primaria nas Xincanas Literarias desenvolvidas na Biblioteca Pública no marco do proxecto #MesDaBibliotecaBarro promovido polo Concello de Barro ao través da OMIX.
En grupos, as nenas e nenos realizaron diferentes probas e resolveron con éxito unha serie de enigmas seguindo distintas pistas agochadas entre os volumes da biblioteca.
Previamente, escoitaron as interesantes historias de vida relatadas por avós do concello, que souberon atrapar moi ben a atención da audiencia.
Moitísimos Parabéns!!!
Moitísimas Grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario