Amosando publicacións coa etiqueta curso 2022-2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2022-2023. Amosar todas as publicacións

2 de xuño de 2023

O LEGADO MUSICAL DO MESTRE LANDÍN

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria visitou, ao longo desta semana, a magnífica exposición Arquivo Musical Francisco Landín Pazos, que acolle o Concello de Barro dende o pasado 17 de maio.

O mestre Landín Pazos foi quen inculcou ao músico Felipe Rea, pai do noso alumno Fiz, a paixón pola música e, no ano 2005, tivo a sorte de recibir gran parte do arquivo musical do compositor da man da súa filla pequena, Carolina. Felipe non dubidou en facerlle unha merecida homenaxe ao seu mestre, investigando e divulgando a súa vida e obra por salas e museos de diferentes cidades. 

A exposición conta con partituras orixinais, rexistros das súas composicións, instrumentos, unha proxección audiovisual e obxectos persoais do mestre Landín.

As nosas nenas e nenos tiveron a grandísima sorte de percorrer a mostra baixo a certeira guía do propio Felipe, e a verdade é que o fixeron con moita atención, curiosidade e admiración.

Moitísimos Parabéns!!!

Moitísimas grazas!!!

Unha exposición moi recomendable!!!


16 de maio de 2023

RESOLUCIÓN DO CONCURSO "AS VERBAS QUE CONTAN 2023"

O Concello de Barro, ao través da OMIX, vén de publicar a resolución do concurso AS VERBAS QUE CONTAN 2023 convocado no marco da conmemoración das Letras Galegas e que contou cunha altísima participación, coa aportación de obras de grandísima orixinalidade e calidade.

A relación das obras gañadoras e finalistas do alumnado do noso centro é a seguinte:

CONTOS

  • Categoría 1º e 2º de Primaria
          Gañadora: O coello que non sabía as cores (1º Aobra colectiva).
                           
          Finalista:  A gatiña abandoada de Carmen Vázquez Viqueira (2º B).
                          
  • Categoría 3º e 4º de Primaria 
          Gañadora: O salmón que non morreu de Hugo Martínez Dios (4º B).
                           
          Finalista:  Unha historia tola de Juan Gabriel Colla Fariña (4º A).
                          
  • Categoría 5º e 6º de Primaria 
          Gañadora: Bolboreta de Jorge Pereira Santiago (5º B).
                           
          Finalista:  As amizades de verdade de Zaira López Montero (6º B).      

POESÍA
  • Categoría 3º e 4º de Primaria
          Gañadora: Río (acróstico) de Anxo Sartal García (3ºA).

          Finalista: Mar (acróstico) de Mateo Corredoira López (3º A).

  • Categoría 5º e 6º de Primaria
          Gañadora: Avoa (acróstico) de Candela Collazo González (5º A).

          Finalista: Haiku de Zaira López Montero (6º B).     



Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!!!

Moitísimos Parabéns ás persoas premiadas e finalistas!!!

O acto de entrega dos premios, xunto coa lectura das obras premiadas e finalistas, terá lugar o vindeiro sábado, 20 de maio, ás 12:00 h na Nave da Música

Animádevos a asistir!!!


3 de maio de 2023

SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOTECA PÚBLICA

Marabillosa participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria na Semana do Libro desenvolvida na Biblioteca Pública de Barro no marco da conmemoración do Día do Libro 2023, con divertidas actividades para o manexo de fontes de información e obras de consulta, fascinantes sesións de contacontos, entretidos xogos de lectoescritura en pequenos grupos, xincanas literarias adaptadas ás idades do alumnado e, sobre todo, moita imaxinación, ilusión e ganas de provocar nas nenas e nenos o entusiasmo pola lectura.

Moitísimas grazas!!!



31 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL AUTISMO 2023

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e contribuír a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Con tal motivo, o Departamento de Orientación do CEIP Amor Ruibal elaborou unha presentación con interesantes contos e vídeos para todos os niveis educativos.

https://diamundialautismo.com/wp-content/uploads/2023/01/Banner_LIUB2023-1030x580.png de ana castillo

27 de marzo de 2023

BENVIDO TEATRO!!!

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro, o alumnado de 4ºA representou para todo o colexio A cinsenta, na fantástica adaptación escrita por Roald Dahl.

Moitos días de duro traballo por parte destas cativas e cativos, nos que aprenderon o guión, ensaiaron, deseñaron, elaboraron decorado e escenografía... culminaron hoxe con dous marabillosos pases da obra.

Nervios e emoción apoderábanse da rapazada de 4º A pola mañá, pero iso non impediu que a representación fose un exitazo.

Graciñas mil a todas e todos pola boísima acollida!!!

Quen sabe?

Quizais hoxe, aquí, comeza a carreira dunha grandísima actriz ou dun grandísimo actor...


MOITÍSIMOS PARABÉNS, RAPAZADA, POLO ÉXITO!!!

21 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Fermosos recitais poéticos con versos alleos e de creación propia para celebrar no CEIP Amor Ruibal o Día Mundial da Poesía.

MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!