Hoxe, 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
O lema proposto pola ONU para este ano 2022 é "Innovación para impulsar un mundo accesible e equitativo". E, para traballar sobre este tema, o Departamento de Orientación do CEIP Amor Ruibal elaborou unha infografía con interesantes recursos que podedes atopar premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario