15 de xuño de 2023

ENTREGA DO XIV PREMIO MIMI

A comunidade educativa do CEIP Amor Ruibal de Barro asistiu moi emocionada á entrega do XIV Premio MIMI que o colexio concede a persoas que destacan polo uso, defensa e difusión da lingua e cultura galega.  

O acto tivo lugar na Nave da Música de Barro, e foi conducido marabillosamente polo alumnado de 5º de Primaria, que luciu unhas preciosas pulseiras blanquiazuis, creadas para a ocasión.

A gala inaugurouse con O rap da lingua de Migallas, que todas as nenas e nenos do colexio cantaron e mimaron con grande entusiasmo.

Seguidamente, o alumnado de 5º lembrou as candidaturas recibidas, antes de proclamar ben forte a gañadora: ESTHER ESTÉVEZ, presentadora do programa DígochoEu da TVG.

Unha animadísima Esther subiu ao escenario para recoller o Premio e compartir con nós bromas, risas, bailes, cancións e, sobre todo, moitas, moitísimas emocións. 

Por suposto, non podería faltar a esta festa da lingua Digochiño, o raposiño máis riquiño e marchoso do mundo mundial, que levou unha grandísima sorpresa ao coñecer a Migochiño. 

Pasámolo xenial!!!

Antes da cariñosa despedida, Esther deixou a súa pegada no Libro de Honra da nosa Biblioteca e posou con todas e todos nós.

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

Querémosvos!!!

Moitísimas grazas ao Concello de Barro 

pola súa constante e inestimable colaboración!

Ningún comentario:

Publicar un comentario