8 de novembro de 2023

ESCOLA DE FAMILIAS NO AMOR RUIBAL

O vindeiro luns 20 de novembro levarase a cabo a primeira sesión deste curso escolar 2023-2024 da Escola de Familias do CEIP Amor Ruibal. Versará sobre a Prevención do abuso das Novas Tecnoloxías dende a familia, xa que a gran expansión das novas tecnoloxías, a ampla oferta de videoxogos, a mercadotecnia dos xogos en liña, das apostas en liña e os riscos das redes sociais, contribuíron a un aumento do número de persoas, especialmente a mocidade, que abusa ou é adicta ás novas tecnoloxías. Para atallar esta situación, resulta imprescindible a formación das familias como axentes preventivos, co obxectivo de  fomentar un uso seguro, saudable e responsable das TICS (Tecnoloxías da información, comunicación e relación).

A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy, persoas expertas en psicoloxía xeral sanitaria, especializadas na Prevención das Condutas Adictivas e en Terapia Familiar Sistémica.



Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada poderá permanecer nas instalacións do centro educativo co acompañamento de persoal do servizo de conciliación, mentres as súas familias participan na actividade.

IMPORTANTE: Para facer unha previsión das persoas participantes, agradecemos a confirmación da asistencia mediante o correo electrónico ceip.amor.ruibal@edu.xunta.es ou no teléfono 886151996.

Onde?       Aula de Audiovisuais do CEIP Amor Ruibal de Barro
Cando?     20 de novembro ás 18:00h
Organiza: CEIP Amor Ruibal de Barro en colaboración co Proxecto de Prevención das Condutas Adictivas no eido local do Concello de Barro.


AGARDÁMOSVOS!!!
 A vosa presenza é moi importante.



Ningún comentario:

Publicar un comentario