18 de abril de 2016

As familias contan...

Anunciabamos hai uns días que Jose Antonio Rodríguez, pai de Héctor de 2º B e de Emma de 4º de Infantil (aula de 3 anos  B), estivo na biblioteca do cole para contarlle aos compañeiros e compañeiras de Emma o conto da "Carapuchiña vermella".
Contou coa colaboración de Emma no papel de Carapuchiña e buscou entre algún compañeiro da clase para ofrecer o papel de lobo.
Rematado o contacontos, tiña unha sorpresa. Non era outra que algunha das mascotas que truxeran da casa: uns hamsters, un coello e algúns pitiños.
Gozamos moitísimo con eles, tan pequenos e suaviños... gustounos poder acariñalos.
Démoslle un forte aplauso e despedímonos ata moi pronto, pois o fixeron moi ben.


Moitísimas grazas pola vosa colaboración!
Un placer contar con vós.
Un saúdo,
MIMI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario