O lema proposto este curso escolar pola Consellería de Cultura para as bibliotecas escolares galegas é "Biblioteca escolar, Territorio das Artes" e o cartel que o representa é a imaxe que acompaña esta entrada.
O auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de
Compostela, foi o escenario para a presentación do Manifesto escrito pola arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola e as
actividades de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS,
unha iniciativa conxunta da Secretaría Xeral de Cultura (Subdirección
de Bibliotecas), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de Bibliotecas
Escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, en apoio da presenza da divulgación científica en galego
en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega.
Podes descargar o díptico das actividades nas Bibliotecas Públicas Galegas premendo aquí.
Un saúdo.
MIMI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario