No marco da conmemoración das Letras Galegas 2019 participamos, o pasado venres 3 de maio, na X Festa da Lingua convocada pola Coordinadora Comarcal de EDLG Terras do Umia da que formamos parte.
Como novidade, este ano a Festa celebrouse no Parque da Tafona grazas á colaboración do Concello de Caldas de Reis, o que propiciou unha grande participación tanto das comunidades educativas de Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas coma de público en xeral.
Tivemos a grandísima sorte, ademais, de contar coa colaboración desinteresada, que agradecemos fondamente, de personalidades do mundo da cultura galega como a escritora María Lado (xurado dos Microtextos), a pintora, debuxante e deseñadora Iria Ribadomar (xurado das Microcreacións), o actor, director e dramaturgo Santiago Cortegoso (xurado do Contaumia), a cantante, guitarrista e compositora MJPérez (xurado do Sondoumia) e o cociñeiro Paco Feixó, a quen a Coordinadora entregou o Premio Lingumia 2019. Este premio é un recoñecemento ao seu labor de defensa e difusión da lingua galega no seu traballo cotián, no programa televisivo que desenvolveu na CRTVG, nos seus libros... na súa vida.

O acto abriu coa benvida do alcalde anfitrión, Juan Manuel Rey Rey, e seguiu cun programa tan intenso como variado: Proxeccións audiovisuais, entre as que cabe salientar un lip dub en homenaxe a Antonio Fraguas, actuacións musicais de alumnado de Primaria e Secundaria (concurso Sondoumia), monólogos (concurso CONTAUMIA) e entrega de premios dos concursos de Microcreacións e Microtextos, apartado no que subiu ao escenario a mestra e titora de 4º de Primaria do noso centro María José Barbosa López, gañadora na categoría E co seu microrrelato Ela.
Dúas horas ininterrompidas de emoción e diversión nas que foi marabilloso comprobar como persoas de diferentes idades gozamos dunha festa sensacional ao aire libre á que lle puxo o broche de ouro MJPérez coa súa fermosa canción Casandra, que o noso alumnado coreou a pleno pulmón e foi felicitado pola propia artista ao final da actuación.
O xornal La Voz de Galicia recolle así a noticia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/barro/2019/05/04/span-langgl-festa-da-lingua-reune-800-escolares-caldasspan/0003_201905P4C6997.htm
Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!!!
Moitísimos Parabéns ás persoas premiadas!!!
Parabéns especiais a MariaJo!!!
Podedes ver aquí un vídeo resumo da Festa:
Parabéns especiais a MariaJo!!!
Podedes ver aquí un vídeo resumo da Festa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario