4 de marzo de 2022

CURIOSIDADES ROSALIANAS

Para celebrar o 23 de febreiro o aniversario de Rosalía de Castro, a nosa autora máis universal, no CEIP Amor Ruibal desenvolvemos unha chea de actividades sobre a súa vida e obra baixo o lema Sementa De Pensamentos seguindo a iniciativa proposta pola AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega): investigacións, actividades de lectoescritura, oralidade, plásticas, musicais e recitais poéticos. Como mostra, pódense consultar as reseñas que aparecen nos blogs de Pequecholandia e de 1º e 2º.

Ademais, os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca deseñaron o xogo de pistas Curiosidades Rosalianas. Nos taboleiros da Biblioteca pegamos uns trípticos con fotografías de diversas zonas do colexio onde agochamos códigos QR con curiosidades sobre Rosalía. 

O alumnado, repartido en pequenos grupos, cunha copia do tríptico na man, tivo que buscar e atopar os códigos QR e, coas tabletas, ler a información.

Que sagaces son as nosas nenas e nenos!

Axiña atoparon toda a información 

e divertíronse moito, moito!


Ningún comentario:

Publicar un comentario