19 de maio de 2026

FESTA DA LINGUA 2026

No marco da celebración das Letras Galegas, O venres 15 de maio, o alumnado de 1º, 5º e 6º acudiu á Tafona de Caldas de Reis para asistir á Festa da Lingua. Nela gozamos de recitados de micropoemas e microrelatos, espectáculos musicais e monólogos en directo na nosa fermosa lingua.

O momentazo estelar chegou coa actuación de "The Rapants" que amenizaron unha xornada na que celebramos todas e todos xuntos o Día das Letras Galegas! Cantaron varias cancións coas que conseguiron vencer á chuvia e facer bailar a todos os asistentes (mesmo houbo unha mención especial aos nenos e ás nenas de Barro polo que estaban gozando).



Encantounos a experiencia e oxalá a poidamos repetila moitas veces máis! 

Como non, debemos dar as grazas ao Concello de Caldas e á Secretaría de Política Lingüística por patrocinar o evento e, como non podía ser doutro xeito, ao Concello de Barro por facer posible que puidésemos acudir de forma gratuíta! Graciñas a todas polo voso bo facer! 

💙🤍 Viva a nosa lingua! Viva a Lingua Galega! 💙🤍

Ningún comentario:

Publicar un comentario