23 de abril de 2020

MERGÚLLATE NUN MAR DE LIBROS.

Hoxe conmemoramos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autoría e nós queremos celebralo facéndovos chegar unha proposta de recomendacións lectoras a modo de Bookface (cara de libro) na que vos invitamos a colaborar coas vosas propias imaxes.

Creamos un panel interactivo no que o profesorado do centro engadíu unha fotografía cunha recomendación lectora. Hai variedade de propostas. Agardamos que vos guste!

Podedes picar en cada imaxe para mirar en grande a proposta e desplazarvos coas frechas da esquerda ou na liña central.
Ademais, convidámosvos a que, despois de miralo,  desde as vosas casas fagades tamén unha fotografía cun libro e a sumedes a estas recomendacións.

Hecho con Padlet

Compartir é moi fácil:
  1. Escollede o libro que queredes recomendar, que vos guste, que vos traia bos recordos,.. e facede unha fotografía orixinal.
  2. Entrade no enlace do panel e picade no botón rosa que está na esquina inferior dereita da vosa pantalla.
  3. Escribide o título do libro. Premede intro (cambiar liña).
  4. Xusto debaixo, escribide o resto dos datos: Autor/a, Ilustrador/a e Editorial.
  5. Engadide a imaxe premendo na icona da frecha. 
  6. Búscádea nos arquivos do voso dispositivo e premede "Abrir".
  7. Cando o teñades listo, premede no botón rosa "Guardar".
  8. Aparecerá unha mensaxe que di "Esperando aprobación" (Está listo).
Animádevos a participar con nós!!!

Feliz Día do Libro!

#euquedonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario