8 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022: "DO 8 AO 18"

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, presentamos a todo o alumnado de Infantil e Primaria o xogo de pistas "Do 8 ao 18" sobre a vida e obra de 7 MULLERES GALEGAS CON MOITA ARTE! máis a actividade Lecturas en Feminino a cargo do alumnado voluntario da Biblioteca.

Prestade moita atención aos taboleiros da Biblioteca que están nos corredores e ao blog de MIMI porque cada día atoparedes aí as pistas necesarias para investigar e saber quen é quen!

Completar as fichas ten recompensa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario