26 de setembro de 2015

Día da tradución na Biblioteca Pública

Con motivo da celebración do Día da Tradución, que será o 30 de setembro, o vindeiro martes día 29 ás 18:15 hs terá lugar na B.P. un encontro coa tradutora: Dolores Romay Calvo.


Dos seus traballos de tradución, "Os tres bandidos" é un libro escrito por Tomi Ungerer e que leremos na biblioteca do cole estes días.






http://www.barro.es/eportal/portal/index.php?js=si&ajax=si&id_seccion=1100&solo_caja=2534
Para saber máis premede na imaxe da actividade e consultade a páxina web do concello.


Esta actividade éstá dentro da programación de  "Tardes na biblioteca" da Biblioteca Pública,  que abre as súas portas os martes e xoves de 17:00 a 19:00 para rapaces e rapazas a partir de 6 anos.

Animádevos a participar!

Un saúdo.
MIMI.




22 de setembro de 2015

Teatro na Biblioteca Pública.

Esta fin de semana haberá dúas funcións de teatro na Biblioteca Pública de Barro a cargo da Compañía de Miro Magariños.


 O sábado día 26 ás 21.30 horas representarán "Espermatozoides".

Trátase dun espectáculo para adultos e para rapaces e rapazas de máis de 10 anos acompañados de adultos.

O domingo día 27 ás 18:30 horas representarán "Os xigantes".

Espectáculo para todos os públicos (familiar e infantil)
 
Os precios para cada función figuran no cartel informativo.


Un saúdo.
MIMI.

15 de setembro de 2015

Contacontos con Inacio Vilariño, cortesía do Concello de Barro.

Benvidos e benvidas a este novo curso escolar!

O pasado venres día 11 de setembro tivo lugar no noso centro a inauguración oficial do curso. Foi un acto sinxelo no que o noso alcalde, o Sr Abraldes, quixo estar presente para saludarnos e desexar un bó comenzo a todos e todas.

A continuación tivemos a sorte de pasalo en grande con Inacio Vilariño e o contacontos que nos ofreceu subvencionado polo Concello de Barro. Inacio pasou pola Biblioteca e deixou unha dedicatoria para nós no libro de visitas. 

Ofrecemos tamén un video resumo desta xornada.



Un saúdo.
MIMI.

10 de setembro de 2015

Biblioteca, base de exploracións.

O lema escollido este curso para a campaña das Bibliotecas Escolares Galegas pola Consellería de Cultura, Educación e OU é "Biblioteca escolar, base de exploracións".
O cartel é do ilustrador e escritor de banda deseñada Fran Bueno e refire a unha visión da biblioteca como base de aprendizaxe.
"Chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido".

Explorádeo ...
Un saúdo.
MIMI.

4 de setembro de 2015

Contacontos pirata.

Un grupo de Axudantes de  Biblioteca de 6º curso de Primaria adaptou e preparou a escenificación dun contacontos para o alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.
Sara Besada, Andrea Buceta, Andrea Cerqueiras, Sandra Iglesias e Nerea Prado foron as alumnas que o fixeron para así rematar as actividades da Biblioteca dentro do Proxecto Piratas.
Escolleron o libro "Meu pai e mais eu somos piratas" de Jesús Zatón e ilustrado por Teo Puebla, publicado por Edicións Júcar.
Gustou tanto ao público de Infantil e insistiron de tal forma, que para eles fixeron unha 2ª representación.
Foi todo un éxito!!
Agardamos que vos guste tanto como a eles.



Un saúdo.
MIMI.

1 de setembro de 2015

GRADUACIÓN 2015


O acto de graduación e entrega de orlas ao alumnado que rematou 6º de Infantil e 6º de Primaria celebrouse o 18 de xuño para despedir o curso escolar.
Foi un acto moi entrañable e ao que convidamos aos pais e nais do alumnado homenaxeado.
Este ano foi a Banda Infantil de Barro a encargada de amenizar o acto. Fixérono moi ben e queremos transmitir a nosa felicitación a tódolos integrantes e ao seu director, Manuel Fariña.

Banda Infantil de Barro

Para acceder ao enlace dos videos só tedes que premer na imaxe da orla de cada nivel.

   
https://youtu.be/8dXY7oTQSTIhttps://youtu.be/UTYR8RYTwZc

NORABOA A TOD@S !!!
BOA  SORTE NA NOVA ETAPA QUE COMEZADES !!!

Un saúdo,
MIMI

31 de xullo de 2015

COUSAS NOSAS XV

Aínda que con un lixeiro retraso xa está dispoñible a versión dixital da nosa revista escolar. A pesar de ter repartido a versión impresa en papel coidamos interesante que a disfrutedes a toda cor.
Podedes acceder a esta e ás revistas anteriores a través do blog de lecturas e produccións propias, do que tedes enlace na barra da dereita "Cousas nosas".
Un saúdo.
MIMI

2 de xullo de 2015

"Protexendo o camiño" chega a Barro

O pasado día 5 de xuño ( Día Mundial do Medio Ambiente) visitaron o noso centro Enrique Mauricio (escritor) e Carlos Taboada (ilustrador) compoñentes do colectivo Polo correo do vento.
A actividade que desenvolveron no noso centro está integrada dentro do Programa do Xacobeo e financiada por Turismo de Galicia e leva por nome "Protexendo o camiño".

Quique contounos a historia de Iago (un escritor) e Peregrina (unha fotógrafa) que recorrían xuntos o Camiño de Santiago, e sobre o que atopaban no seu percorrido. Aprendemos sobre a importancia decoidar a nosa terra, en especial o camiño así como coidar o trato coa xente. Mentras el contaba a historia, Carlos fixo un debuxo precioso que regalou para o noso cole.
Ao remate, tivemos un obradoiro e Carlos ensinou como debuxar un "pelegrín".

Se queredes saber como resultou mirade o video da actividade, Tamén podedes mirar que ben resultaron os debuxos no blog do 1º ciclo ou premendo aquí.

Un saúdo.
MIMI

5 de xuño de 2015

"OS DA RÍA" no CEIP Amor Ruibal

Aquí temos xa o vídeo resumo do acto de entrega do VII Premio Mimi ao Persoeiro do ano.



Unha grande festa!!
Un saúdo.
MIMI.

3 de xuño de 2015

ENTREGA DO VII PREMIO MIMI.

E chegou o gran día ...

O Premio MIMI deste ano foi entregado hoxe na Biblioteca Pública do Concello ao grupo musical "Os da Ría".

Acudiron a recollelo Fabián Santomé (Tomás Lijó) e Suso Pián (Suso Alonso).





A pesar de ser unha parte do conxunto, Fabián Santomé (cantante) e Suso Pián (Piano) fixeron boa festa e grande xoldra para o deleite de todos e todas nós.







Cantaron algúns dos seus temas e o alumnado de 5º curso cantou e bailou con eles.









Se premedes na imaxe da esquerda podedes ler a dedicatoria que nos deixaron no libro de visitas da biblioteca.
En breve teredes máis información do acto.



Ao final do acto o alumnado de 5º curso e as mestras encargadas do Proxecto posaron xunto cos homenaxeados.

Un saúdo galegueiro!
MIMI.