Amosando publicacións coa etiqueta Prensa na escola. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Prensa na escola. Amosar todas as publicacións

22 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar a Semana da Prensa, realizáronse nas sesións de Educación Física, diversos xogos con xornais:

  • Atopa o mellor titular.
  • Corre sen que caia a folla.
  • Rouba noticias.
  • Crea o titular da sesión.


Unha actividade súper chula!!!

 

23 de marzo de 2018

Semana da Prensa

Dentro do Programa "Prensa na escola" o alumnado dos cursos superiores de Primaria recibe cada mércores un xornal e traballa durante a semana coas noticias que nel atopa. Así se recolle no blog de 5º e 6º curso:
http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/2018/03/semana-da-prensa-na-escola.html

Esta semana queremos recoller dun xeito especial o traballo desenvolvido nas distintas áreas coa prensa. Así, nas clases de ALFIN de 4º curso elaboraron un cartaz despois de traballar coas distintas seccións dun xornal.











O profesorado de Educación Física, no marco do proxecto deste curso "Voces de mulleres", propuxo en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria a recompilación de noticias relacionadas coas mulleres máis destacadas do deporte galego, que foron premiadas nas tres últimas edicións da "Gala do Deporte Galego" nos apartados de mellor deportista (3º), mellor adestradora (4º), mellor xuíza-árbitro (5º) e mellor equipo galego (6º).

A investigación intensificouse na Semana da Prensa, na que o alumnado, ademais, recolleu noticias de mulleres destacadas en diferentes modalidades deportivas, coas que se elaborou un gran mural no ximnasio que se utilizaba como recurso de lectura na "Hora de ler" por alumnado doutros cursos.


Un saúdo,
MIMI

8 de marzo de 2017

8M, Día internacional da Muller.

A Biblioteca do cole propón esta actividade de investigación para todas e todos os que queirades participar. Ao longo destas semanas  descubriredes quen son e cal é a profesión ou oficio das mulleres que vos amosaremos.

Para saber máis deste traballo premede no seguinte enlace:

 ANÍMATE E PARTICIPA CON NÓS !

Un saúdo.
MIMI.

28 de novembro de 2016

Tapóns Solidarios

Un ano máis deu comezo no noso centro a Campaña de recollida de Tapóns Solidarios. Colaboramos desde hai uns anos coa Fundación Amigos de Galicia nesta campaña e somos o Punto de Recollida de referencia do noso Concello.
O alumnado de 5º curso, coordinado pola súa titora, é o responsable de levar adiante o proxecto e conta coa inestimable axuda de Alberto Méndez, o noso prezado conserxe.


A continuación ofrecemos un documento elaborado pola Fundación Amigos de Galicia con indicacións para unha recollida efectiva, pois ofrecen información detallada dos "elementos" de recollida.  
Son máis dos que habitualmente pensamos. Mirádeo con atención.



Un saúdo
MIMI.

31 de xullo de 2015

COUSAS NOSAS XV

Aínda que con un lixeiro retraso xa está dispoñible a versión dixital da nosa revista escolar. A pesar de ter repartido a versión impresa en papel coidamos interesante que a disfrutedes a toda cor.
Podedes acceder a esta e ás revistas anteriores a través do blog de lecturas e produccións propias, do que tedes enlace na barra da dereita "Cousas nosas".
Un saúdo.
MIMI

14 de marzo de 2015

Once upon a time... ou... Había unha vez ...

Un dos traballos de ciencias do 3º nivel, partíu dunha nova no xornal. A investigación sobre o lanzamento e aterraxe no cometa 67-P da sonda espacial Roseta e o robot Philae.
Hoxe ofrecemos dous videos de animación elaborados pola Axencia Espacial Europea (ESA), responsable do proxecto.

Preparándose para a aterraxe no cometa:




A aterraxe no cometa:


Un saúdo.
MIMI.

20 de abril de 2013

As Novas na escola.

O alumnado de 6º A prepararon nas clases de linguas un programa de telexornal. Este é o resultado.



Saúdos.
MIMI.




16 de abril de 2013

La Voz de los Crow.

O alumnado de 6º A traballou nas clases de linguas na elaboración, redacción e producción dun xornal despois da lectura do libro " Ojo de nube" de Ricardo Gómez.
Botade unha ollada.




Un saúdo.
MIMI.