Amosando publicacións coa etiqueta Piratas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Piratas. Amosar todas as publicacións

22 de xuño de 2019

Martiño e o Camiño

No mes de xaneiro, recibimos na Biblioteca do cole aos creadores do libro "O Clan de Martiño":
  • Roberto Rivas (autor do guión), 
  • Iván Bello (autor dos textos) e 
  • Ana Seoane (autora das ilustracións). 
Dabamos conta da visita nunha entrada no blog:

A partir da súa lectura, o profesorado implicado no Programa de Robótica Educativa en Primaria, en colaboración co Equipo de Biblioteca, deseñou un site para levar adiante o proxecto que chamamos `Martiño e o Camiño de Santiago´:


Neste proxecto participou alumnado e profesorado de 3º e 4º de Primaria. Desenvolveuse nas áreas de Linguas (Española, Galega e Inglesa), Ciencias Naturais, Matemáticas, Valores e ALFIN.
Para o seu desenvolvemento, creamos catro misións que debían ser resoltas en pequenos grupos de traballo, cun personaxe central, "Martiño", poñendo énfase nas estratexias de aprendizaxe cooperativa. No blog de 3º e 4º curso podedes seguir todo o proceso deste traballo:



Moitísimas grazas a Roberto Rivas, Iván Bello e, en especial, a Ana Seoane, pola autorización para empregar as imaxes de Martiño!

Con Martiño ... moito gozamos do Camiño!!!

4 de setembro de 2015

Contacontos pirata.

Un grupo de Axudantes de  Biblioteca de 6º curso de Primaria adaptou e preparou a escenificación dun contacontos para o alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.
Sara Besada, Andrea Buceta, Andrea Cerqueiras, Sandra Iglesias e Nerea Prado foron as alumnas que o fixeron para así rematar as actividades da Biblioteca dentro do Proxecto Piratas.
Escolleron o libro "Meu pai e mais eu somos piratas" de Jesús Zatón e ilustrado por Teo Puebla, publicado por Edicións Júcar.
Gustou tanto ao público de Infantil e insistiron de tal forma, que para eles fixeron unha 2ª representación.
Foi todo un éxito!!
Agardamos que vos guste tanto como a eles.



Un saúdo.
MIMI.

9 de maio de 2015

Concurso Micropoemas

Publicabamos nunha entrada anterior aló polo mes de xaneiro, a convocatoria do VII Concurso de micropoemas e microrrelatos convocado pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística "Terras do Umia".
A alumna de 5º de Primaria Vera Monteagudo Vázquez, participante na categoría " B 3 ", resultou gañadora.
  O acto de recollida do premio tivo lugar un ano mais en Portas, na "Festa da Lingua" que co gallo da celebración das Letras Galegas reúne aos centros públicos da comarca. Alí estivo o alumnado de 5º curso de Primaria acompañado das súas mestras (Luz e Ángela).

Lectura dos micropoemas o Día da Poesía.



Cincocentas piratas
enfermas de tos.
Que tomen xarope!
Un día si, e un día non.







Vera amosa o seu diploma e o agasallo recibido, a noveliña "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas e ilustrada por Víctor Rivas da Editorial  Xerais.

Este libro figura na nosa Recomendación de Lecturas do Nadal, 2014 e leva recibido varios premios neste último ano:
  • Premio Merlín,2014.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro do ano 2014.
  • Premio Neira Vilas de literatura Infantil e Xuvenil, 2014


Alumnado de 5º curso na "Azucreira" de Portas.












 Graciñas a todolos poetas participantes e, ...
A MIÑA NORABOA PIRATA, VERA!! 

UN saúdo,
MIMI.

15 de marzo de 2015

21 de marzo, Día da Poesía.

Este ano para celebrar o día da poesía queremos compartir con vós este recurso que nos introduce un fermoso poema de José de Espronceda que nos fala sobre a vida pirata.

Xogade e aprendédeo.



Un saudo.
MIMI.

25 de febreiro de 2015

Entroido Pirata.

Como sabedes, o tema do entroido deste curso está recollido dentro do proxecto "Piratas" e como non ía ser doutro xeito esta foi a temática do entroido deste ano.
Remitimos aos blogs de cada ciclo para que vexades as fotografías que fixeron en cada aula cos seus disfraces así como algúns traballos relacionados con este proxecto e que irán aparecendo ao longo do trimestre.
Aquí vos queremos amosar o video no que recollemos os "Mandados de MIMI" e como resultou a festa.

Un saúdo.
MIMI.


13 de febreiro de 2015

Os piratas da biblio.

 
Tal e como nos contaron!!

Na biblioteca do cole apareceron uns piratas!


Din que son "pacíficos", "amigables"
pero ámbolos dous levan sables.

Tódalas aulas quixemos participar
e algún obxecto ou peza de roupa
deseñamos para lles levar.

Mirade que chulísimos quedaron!



Se premedes nos enlaces que hai a continuación, iredes mirando as distintas actividades que subimos aos diferentes  blogs dos ciclos.

Educación Infantil.
1º Ciclo Primaria.
2º Ciclo Primaria. 
3º Ciclo Primaria.
Sección Bilingüe. 

Un saúdo.
MIMI.

4 de febreiro de 2015

Contacontos na biblioteca.....

Damos inicio ao noso proxecto de lectoescritura. Esta vez con unha sesión de contacontos na biblioteca do centro. A nosa contacontos estaba agardando por nós para sorprendernos cunha historia de piratas e algo máis ...


Despois de adiviñar o uso que terían os tecidos que nos amosou... unha faixa, unha bandana e un parche, deu comenzo a historia : 
"O pirata Pata de Lata" escrito por Oli e ilustrado por Ramón Trigo.






Decoramos uns marcapáxinas coa imaxe do loro Simeón que nos quedaron moi chulos.









Por último, cada grupo de clase,tivemos que decidir que prenda nos gustaría deseñar e crear para uns piratas que nos virían visitar...

      
Un saúdo.
MIMI.




"Cs Piratas"

Este é o tema do Proxecto que traballamos no cole este segundo trimestre.
" O pirata Pata de Lata" escrito por Oli e ilustrado por Ramón Trigo na editorial Kalandraka, é o libro que servirá de partida para levar adiante o proxecto de lectoescritura e outros de investigación ao longo de todo este trimestre.
Pouco a pouco iremos engadindo o resultado das tarefas realizadas.

Cuberta do libro, edición 1998
Un saúdo.
MIMI.