Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións

16 de novembro de 2025

MAGOSTO 2025

Chega novembro e é tempo de castañas! Esta semana celebramos o noso Magosto no que puidemos gozar dunha mañá festiva con xogos tradicionais. A pesar da chuvia, o ximnasio, os corredores, as aulas de especialidades así como nos patios cubertos serviron de espazos para compartir grandes momentos.

Queredes ver o ben que o pasamos? Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica!

 

Despois do recreo, maiores e pequenos/as comemos unhas riquísimas castañas asadas. Que boas estaban!

 🌰 Moitas grazas familias, coma sempre, pola vosa colaboración! Moitísimas grazas ás familias que asaron castañas nas súas locomotoras!🌰

13 de novembro de 2024

O NOSO MAGOSTO

 Na soleada mañá do pasado venres, tivo lugar a celebración do Magosto.

Unha intensísima xornada chea de xogos distribuidos por todo o patio ademais do ximnasio e das aulas de inglés e música, e na que o alumnado de Infantil e de Primaria participou con moito gozo e ilusión.

Podedes seguir o percorrido que fixeron nesta mostra fotográfica:















Durante a "Hora de ler" fixemos unha gran roda no patio para cantar "O noso magosto" e a continuación degustamos unhas saborosísimas castañas asadas con moito agarimo para todos e todas nós.






Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!

Moitísimas grazas ás familias que asaron as castañas!


19 de novembro de 2023

CELEBRAMOS O MAGOSTO

A pasada semana celebramos o noso Magosto. A pesar do mal tempo reinante, puidemos gozar dunha xornada moi activa de xogos no ximnasio, nos corredores, nas aulas de inglés e de música así como nos patios cubertos.

Velaquí unha pequena mostra fotográfica da xornada:



 

Durante a hora de ler, alumnado e profesorado, reunímonos no ximnasio para cantar a canción "O noso magosto" e, a continuación, degustamos unhas deliciosas castañas asadas.

Moitas grazas, familias, pola vosa colaboración!

Moitísimas grazas ás familias que asaron castañas nas súas locomotoras!


6 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

Que ben o pasamos onte no noso Magosto con xogos, cancións, bailes e a tradicional degustación de castañas, que estaban boísimas!!!


Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!

Graciñas especiais ás familias que asaron as castañas nas súas locomotoras!!!


19 de novembro de 2019

Celebración do Magosto

Onte gozamos da nosa festa do Magosto con xogos tradicionais (os birlos, sementa e apaña, esquiva a castaña, carreiras de relevos, papa castañas, pesca castañas, apaña castañas, transporta castañas, castaña, onde estás?...), bailes, cancións e degustación de saborosas castañas grazas á colaboración de todas as familias que aportaron as castañas e dos familiares de Estefanía, Melody, Wendy e Chemita, que as asaron nas súas locomotoras.


Moitísimas grazas!!!

14 de novembro de 2019

Concurso de cartaces para o Magosto

Celebraremos este curso "O Magosto" no noso centro o vindeiro luns, día 18, e  MIMI, a nosa mascota, enviou unha carta ás aulas para convidarnos a participar nun concurso de cartaces que o anunciase.





O cartaz gañador foi o elaborado pola aula de 6º de Infantil, no que representan un colorido Souto ateigado de castiñeiros, ourizos e castañas.


No seguinte collage aparecen os cartaces finalistas de cada nivel de Primaria.



Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa participación!
Parabéns polo voso traballo artistas!

17 de novembro de 2017

Magosto no CEIP Amor Ruibal

A pasada semana tivo lugar no noso centro a celebración do Magosto. Foi unha mañá moi activa na que toda a rapazada gozou cos xogos populares que se organizaron nos patios do colexio. Despois, reunímonos no patio de infantil para cantar e bailar tod@s xunt@s a canción "O noso magosto".


Esta canción, habitual nas nosas celebracións, ten letra e coreografía creada polo noso alumnado a partir da melodía da cantiga popular "Na beira do mar". Nesta ocasión alumnado de 5º e 6º curso de Primaria interpretaron esta peza con frautas, pandeiretas, cunchas de vieira e bombo.
Tod@s estiveron xeniais: Cantantes, instrumentistas, bailaríns e bailarinas.




Parabéns!
A continuación amosamos un vídeo resumo do acontecido ao longo da mañá. Agardamos que vos guste!


Un saúdo.
MIMI

6 de novembro de 2017

E chegou o Magosto!

Hoxe chegou á Biblioteca do cole a última aportación para a exposición de outono, o alumnado de 5º curso de Primaria elaborou unha fantástica "Castañeira-call". 
Eles foron os primeiros en retratarse e dar comezo ao noso magosto.


Ofrecemos tamén as imaxes dos cartaces gañadores e finalistas do concurso que celebramos para anunciar o Magosto no noso centro.
Moitísimas grazas polas vosas aportacións!!


Un saúdo,
MIMI