Amosando publicacións coa etiqueta Petróglifos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Petróglifos. Amosar todas as publicacións

28 de xuño de 2018

Proxecto de Robótica

Resumimos neste vídeo as actividades maís destacadas do Programa de Robótica Educativa en Primaria, no que participou alumnado e profesorado de Infantil e Primaria.



Para o seu desenvolvemento, deseñaron e levaron adiante un proxecto sobre a Prehistoria, "Os Petróglifos", que quedou recollido en entradas anteriores deste blog así coma nos blogs das aulas participantes:

En "O blog de MIMI":
https://oblogdemimi.blogspot.com/search/label/Petr%C3%B3glifos

En Infantil:
http://pequecholandia.blogspot.com/search/label/PETRA

En 3º e 4º de Primaria:
http://amorruibalsegundociclo.blogspot.com/search/label/petr%C3%B3glifos

Pasado e futuro unidos pola tecnoloxía!
APAIXONANTE!

27 de xuño de 2018

"Petro Go" e as visitas aos Petróglifos

Unha vez rematado o Proxecto dos Petróglifos o alumnado participante realizou unha saída ao PAAR (Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro) para realizar unha visita guiada e uns obradoiros.
Podedes ler máis sobre estas visitas accedendo aos blogs e premendo nos seguintes enlaces:



Invitamos ás familias destes niveis a participar con nós neste proxecto e quixemos recoller tamén as súas visitas. Así, enviamos unha carta na que explicabamos a actividade para recopilar imaxes das visitas realizadas a distintos petróglifos que enlazamos para crear un mapa virtual.

O enlace a este mapa virtual témolo na marxe dereita deste blog baixo o nome de: "Petro Go" e podedes acceder premendo na imaxe que amosamos a continuación

https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1gYaWLrgc2vFeqpfo7S2EUdoP1tsRfLjb&ll=42.52153724482353%2C-8.651424582500567&z=12

15 de xuño de 2018

Xogo de pistas: "Os Petróglifos e a Prehistoria"

No terceiro trimestre desenvolvemos un proxecto sobre a Prehistoria, en concreto sobre "Os Petróglifos". O noso obxectivo principal era o de afondar no coñecemento de como vivían as  persoas primitivas da Idade de Bronce.
O punto de partida foi un xogo de pistas que se desenvolveu na Biblioteca e no que participou todo o alumnado de Infantil, ademais de 3º e 4º de Primaria.


A actividade desenvolveuse en sesións diferentes para cada aula. E así, divididos en grupos, acompañamos ao noso robot Mbot (programado polo alumnado de 4º curso co módulo sigue-liña branca) no seu percorrido, atopamos pistas en tarxetas ou agochadas en códigos QR (que dirixían a un texto ou a enlaces web) como a que escondía o holograma de "Petra" programado polo alumnado de 4º na clase de ALFIN, atopamos outras que ofreceron infomación a través dun vídeo ou nos levaron cara os libros informativos.



Foi emocionante comprobar como puidemos completar o percorrido que MIMI nos propuxo e recibimos como agasallo un sobre con máis material divulgativo para a aula.

22 de novembro de 2017

Visita de Petra

O pasado luns, día 20, recibimos no noso centro unha visita moi especial. Carlos Taboada e Quique Mauricio presentáronnos nun orixinal contacontos a Petra, unha artista da Idade de Bronce.
Quique contounos que daquela facían gravados picando nas pedras e penedos. As figuras que máis empregaban eran as de animais (como os cabalos) e tamén xeométricas (sobre todo espirais).
Contounos sobre os petróglifos cercanos: Mogor, Campolameiro, ... e de "Terras de Pontevedra" que é unha mancomunidade turística que quere promocionar os nosos recursos, neste caso a "Arte Rupestre".
Tivemos ocasión de facerlle algunhas preguntas que contestou con moita paciencia; mentras esto ocorría, Carlos (que é ilustrador) fixo un debuxo precioso de Petra diante dun petróglifo e despois ensinounos como facer un debuxo dela.
Quedaron moi chulos!!
Amosamos un pequeno vídeo cunha escolma de fotografías deste contacontos-obradoiro.


 
Carlos e Quique pasaron pola Biblioteca do cole e deixáronnos unha bonita dedicatoria no noso libro de visitas.
Moitas grazas!
Foi unha actividade moi interesante!


18 de novembro de 2017

Agardamos a visita de "Petra"

O vindeiro luns chegarán ao noso centro os integrantes de "Polo correo do vento" (Enrique Mauricio e Carlos Taboada) para presentar a "Petra" a todo o alumnado de Primaria.
Con eles aprenderemos unha morea de cousas acerca da Idade do Bronce e a Arte Rupestre.

Trátase dunha actividade organizada pola mancomunidade Terras de Pontevedra e conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Barro.

Quique e Carlos visitaron o noso centro hai dous cursos para presentarnos un contacontos dentro da campaña "Protexendo o Camiño" da Xunta de Galicia.
Vémonos na biblioteca!
Un saúdo.
MIMI.