A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o
VIII Concurso de Microtextos neste curso 2015/16.
Poderán participar todos os centros educativos que integren a
Coordinadora "Terras do Umia" dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
|
Cartaz elaborado por unha alumna do CPI Domingo Fontán de Portas |
Bases do concurso :
- Sección de Microcreación (só para Educación Infantil): Presentarase unha creación que poida combinar imaxe (debuxo) e palabra ou texto en galego. Poderase crear unha historia para toda a clase ou pezas soltas (liberdade de enfoque) en formato A4.
- Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
- Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de catro escritos en galego.
1. Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
2. A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra "devagar".
3. Os traballos deberán ser entregados na biblioteca do centro ou á coordinadora do EDLG.
4. No texto presentado debe constar o nome e apelidos do/a participante, o curso, o centro, así como a categoría á que pertence.
5. O prazo límite para entregar os textos será o 22 de febreiro de 2016.
6. Cada centro escollerá dous finalistas por categoría e presentará os textos “corrixidos”, ordenados por categorías, con letra Arial, tamaño 12, interliñado 1.5, poñendo ao final de cada texto o nome da persoa participante, curso e centro escolar.
Categorías:
A: Infantil (microcreación)
B. 1: 1º ciclo de primaria.
B. 2: 2º ciclo de primaria.
B. 3: 3º ciclo de primaria.
C: Secundaria.
D: Bacharelato.
E: Profesorado, persoal non docente e familias.
Premios:
Cada centro outorgará os premios que considere oportunos aos seus finalistas.
Un xurado designado pola coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos distintos centros concederá un premio comarcal por categoría (en E. Infantil "Diploma" participativo a cada grupo).
Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria.
Animádevos a participar !!
Un saúdo,
MIMI.