31 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL AUTISMO 2023

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e contribuír a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Con tal motivo, o Departamento de Orientación do CEIP Amor Ruibal elaborou unha presentación con interesantes contos e vídeos para todos os niveis educativos.

https://diamundialautismo.com/wp-content/uploads/2023/01/Banner_LIUB2023-1030x580.png de ana castillo

27 de marzo de 2023

BENVIDO TEATRO!!!

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro, o alumnado de 4ºA representou para todo o colexio A cinsenta, na fantástica adaptación escrita por Roald Dahl.

Moitos días de duro traballo por parte destas cativas e cativos, nos que aprenderon o guión, ensaiaron, deseñaron, elaboraron decorado e escenografía... culminaron hoxe con dous marabillosos pases da obra.

Nervios e emoción apoderábanse da rapazada de 4º A pola mañá, pero iso non impediu que a representación fose un exitazo.

Graciñas mil a todas e todos pola boísima acollida!!!

Quen sabe?

Quizais hoxe, aquí, comeza a carreira dunha grandísima actriz ou dun grandísimo actor...


MOITÍSIMOS PARABÉNS, RAPAZADA, POLO ÉXITO!!!

22 de marzo de 2023

AS VERBAS QUE CONTAN 2023

O Concello de Barro vén de convocar ao través da OMIX e da Biblioteca Pública  o concurso AS VERBAS QUE CONTAN  no marco da conmemoración das Letras Galegas 2023.

Xa sabedes que hai dúas modalidades: en prosa (contos ou microrrelatos) e en verso (acrósticos, caligramas ou haikus).

 

Podedes consultar as bases aquí.

Lembrade que o prazo de presentación dos traballos remata o 
mércores, 3 de maio.

Agardamos as vosas creacións!!!

Ánimo, artistas!!!

21 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Fermosos recitais poéticos con versos alleos e de creación propia para celebrar no CEIP Amor Ruibal o Día Mundial da Poesía.

MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!



20 de marzo de 2023

MULLERES INVENTORAS, MULLERES SABEDORAS

O noso alumnado recibiu hoxe uns bonitos puntos de lectura pola súa grandísima e boísima participación no xogo de pistas "Do 8 ao 18" desenvolvido no marco da conmemoración do Día da Muller.

MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!


10 de marzo de 2023

DO 8 AO 18

Animádevos a participar no xogo de pistas que este ano propoñemos para conmemorar o Día da Muller.

Baixo o lema de "Mulleres inventoras, mulleres sabedoras" atoparedes 7 inventos que estas fantásticas mulleres descubriron ao longo da historia.



Do 8 ao 18, 2023 de ceipbarro@gmail.com

8 de marzo de 2023

CONTADAS POLA IGUALDADE

No marco da conmemoración do Día Internacional da Muller, hoxe visitounos Cris de Caldas para desenvolver na nosa Biblioteca unhas fantásticas sesións de contacontos centradas no tema da igualdade e adaptadas ao nivel do alumnado. A actividade está promovida polos Servizos Sociais do Concello de Barro e forma parte do Programa do Pacto de Estado pola Igualdade

Con moito humor, amor e diversión, as nenas e nenos de Infantil e Primaria gozaron con `Rosa non é unha cor´, `Contos en lila´ `As lavandeiras e as pitas zombies´ e moitas historias máis.

Unha ledicia aprender así!!!

Moitísimas grazas!!!


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2023

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, todo o alumnado de Infantil e Primaria participou  nas Contadas pola Igualdade a cargo de Cris de Caldas. A actividade está promovida polos Servizos Sociais do Concello de Barro dentro do Programa do Pacto de Estado pola Igualdade.

Ademais, no día de hoxe arrancou unha nova edición do xogo de pistas "Do 8 ao 18" que leva por título "Mulleres inventoras, mulleres sabedoras" en consonancia co PDI deste curso "Os inventos".

Prestade moita atención aos taboleiros da Biblioteca que están nos corredores porque cada día atoparedes aí as pistas necesarias para investigar e saber quen é quen!

Completar as fichas ten recompensa!