25 de abril de 2024

DELICIOSAS LARANXAS!!

 O noso alumnado degustou hoxe saborosas laranxas, repartidas pola ANPA Amor Ruibal con motivo do Día da Laranxa.

 
 

Moitísimas grazas!


20 de abril de 2024

BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

O mércores recibimos unha visita mooooi especial, a de xogadores e xogadoras de baloncesto en cadeira de rodas do Club Iberconsa Amfiv de Vigo.

Despois dunha breve exposición para coñecer as normas deste deporte e saber un pouquiño sobre as vivencias e motivacións destes e destas deportistas, gozamos moitísimo cunha exhibicióndo seu xogo. A continuación, parte do alumnado puido probar o deporte dunha maneira máis práctica.

 

  

Viva a inclusión, tamén no deporte!

Moitísimas grazas!


Visita da Fundación Pho3nix Kids

 O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibíu este luns, a visita da Fundación Pho3nix Kids da que o triatleta Javier Gómez Noya é padriño e embaixador.

O obxectivo da fundación é o de promocionar a diversión e o beneficio do exercicio físico entre a cativada, por esa razón realizaron varias probas físicas durante a xornada.



Moitísimas grazas!!


16 de abril de 2024

AS VERBAS QUE CONTAN

 O Concello de Barro, a través da OMIX e Biblioteca Pública, ven de convocar un ano máis o tradicional concurso "As verbas que Contan" no marco da celebración das Letras Galegas 2024.


Podedes participar presentando na Biblioteca do noso centro, un conto e/ou poema (haiku, caligrama ou acróstico) con data límite o 3 de maio.

Para consultar as bases do certame podedes picar AQUÍ.

AGARDAMOS AS VOSAS CREACIÓNS!! 

 ÁNIMO ARTISTAS!!

8 de abril de 2024

CANTO SABES SOBRE A SAÚDE?

O 7 de abril conmemoramos cada ano o Día Mundial da Saúde. Este ano a Organización Mundial da Saúde (OMS) centra as reivindicacións no lema "A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO" como forma de sensibilizar á poboación sobre a ameaza para a saúde que supoñen os conflitos bélicos.


 Sumámonos á OMS para reivindicar a importancia da saúde, dos estilos de vida saudables e da asistencia médica universal. Para isto, a través do Proxecto de Prevención das Conductas Adictivas dos concellos de Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, e Portas convídannos á lectura do Manifesto do Día Mundial da Saúde.

 

 

Julia Búa, responsable do proxecto, anímavos a participar no xogo "Canto sabes sobre a saúde?" baseado no famoso e televisivo programa PASAPALABRA, co que poder reflexionar e recordar hábitos e estilos de vida saudables tamén en familia.