30 de decembro de 2021

FELIZ E SAUDABLE 2022!!!

Dende o CEIP Amor Ruibal de Barro queremos desexarvos que o 2022 veña cargadiño de boas novas.

FELIZ E SAUDABLE 2022!!!

Coidádevos moito, moito, moitísimo!!!


Resolución do XXI Concurso de Postais de Nadal

O Concello de Barro ao través da OMIX vén de publicar a resolución do XXI Concurso de Postais de Nadal.

As postais premiadas do noso centro son:

Categoría B (1º e 2º de Primaria)

Gañadora: Elba do Carme Güimil Castro (2ºB)

1ª Finalista: Vera Prado González (2ºA)

2ª Finalista: Thiago Jiménez-Tovar González (1º A)

Categoría C (3º e 4º de Primaria)

Gañadora: Jorge Pereira Santiago (4º B)

1ª Finalista: Sara García Pazos (4º A)

2ª Finalista: Candela Collazo González (4º A)

Categoría D (5º e 6º de Primaria)

Gañadora: Naiara Carramal Fontenla (6º A)

1ª Finalista: Alba Rodríguez Fariña (5º C)

2ª Finalista: Alejandro Monteagudo Pose (6º B)

Categoría G (Equipo)

Gañadora: Daniel Bugallo Pintos (4º A) e 

Raúl Bugallo Barral (pai)

1ª Finalista: Martiño Tellado Bello (1º B) e 

Nuria Bello (nai)

2ª Finalista: Iván Gago García (3º A), 

Silvia Gago (irmá) e Sofía García (nai)

A entrega de agasallos terá lugar o día 4 de xaneiro pola mañá, de xeito individual debido á situación crítica ocasionada pola pandemia.

Moitísimas grazas pola fantástica participación!!!

Moitísimos Parabéns ás persoas finalistas e gañadoras!!!

21 de decembro de 2021

AGASALLOS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL

O alumnado de Infantil recibiu hoxe uns preciosos agasallos pola súa marabillosa participación no XXI Concurso de Postais de Nadal convocado polo Concello de Barro a través da OMIX.

MOITÍSIMOS PARABÉS, ARTISTAS!!!


MOITÍSIMAS GRAZAS Á ORGANIZACIÓN!!!

CREACIÓNS DE NADAL

 Fermosas creacións de Nadal no CEIP Amor Ruibal.

Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!

16 de decembro de 2021

PACES de Barro

No marco do Pacto das Alcaldías Polo Clima da Comisión Europea, do que forma parte o Concello de Barro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunhas xornadas divulgativas sobre o Cambio Climático, desenvolvidas por Celtia Traviesas na Biblioteca do noso centro.

Celtia explicou o Plan de Acción polo Clima e Enerxía Sostible (PACES) de Barro e recolleu as inquedanzas e sensibilidades das mozas e mozos mediante unha "chuvia de ideas".

Posteriormente, o alumnado elaborou nas súas respectivas aulas, uns cartaces con propostas concretas centradas en diferentes ámbitos (xestión de residuos, enerxía, consumo...).

As propostas foron presentadas ao alcalde, onte (6º de Primaria) e hoxe (5º de Primaria), nuns encontros mantidos no Salón de Plenos do Concello.

As aportacións recibidas serán incorporadas, na medida do posible e logo da supervisión do equipo de Goberno, a un documento técnico que recolle as accións de adaptación e mitigación que levará a cabo o Concello de Barro nos próximos anos.

Moitísimas grazas polas magníficas recepcións!!!


AGASALLOS DE LÚA: CONTOS POLA INCLUSIÓN

Moito gozou hoxe o alumnado de 5º de Primaria con Raquel Queizás e os seus fermosos "Agasallos de Lúa: Contos pola Inclusión".

Grandísimo, pracer!!!


Moitísimas grazas, Queliña!!!

10 de decembro de 2021

XXI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O Concello de Barro vén de convocar a través da OMIX o tradicional Concurso de Postais de Nadal no que participamos todos os anos. 


PRAZO: A data límite de entrega será o 20 de decembro de 2021 (inclusive).

CATEGORÍAS:
Categoría A: Categoría A: infantil só para centros escolares (pequeno detalle por participar).
Categoría B: 1.º e 2º de primaria (traballo individual)
Categoría C: 3º e 4º de primaria (traballo individual)
Categoría D: 5º e 6º de primaria (traballo individual)
Categoría E: 1.º e 2º ESO (traballo individual)
Categoría F: 3º e 4º ESO (traballo individual)
Categoría G: en equipo que pode estar formado por: nenos e familiares ou amizades, cun máximo de tres persoas.

CARACTERÍSTICAS:
- As postais realizaranse nun tamaño de medio folio DIN-A4, podendo ser en branco e negro ou en cor.
- O tema é libre.
-O idioma empregado na realización das postais será o galego.



Animádevos a participar!!!

Dereitos Humanos

O Día Universal dos Dereitos Humanos celébrase  o 10 de decembro,  día no que en 1948 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Para non esquecérmonos de ningún dos nosos dereitos, as nenas e nenos de 1º de Primaria elaboramos estas mans tan coloridas.

Todos os Seres Humanos nacemos libres e iguais en Dereitos e Dignidade: Artículo nº1 da Declaración dos Dereitos Humanos.







3 de decembro de 2021

"Baixo o mesmo paraugas"

Hoxe, 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, e no CEIP Amor Ruibal non podemos pasar por alto esta data tan sinalada.

Coñecer a diversidade, aceptala e respectala debe ser un dos maiores obxectivos da comunidade educativa. Por ese motivo, o alumnado de 2º e 3º curso non dubidou en unirse a iniciativa #BaixoOMesmoParaugas, na que preto de 90 entidades sociais de toda Galicia únense baixo os seus paraugas para reivindicar unha sociedade máis unida e igualitaria para todas as persoas.

 Sabes como podes unirte? É moi sinxelo:
- O día 3 sube unha foto cun paraugas e unha mensaxe positiva cos hashtag #ParaugasPolaDiscapacidade e #BaixoOMesmoParaugas.
- Etiqueta as túas amizades e rétaas a facer o mesmo.
- Etiqueta a @galiciadiversa.

☂️☔️☂️☔️☂️ Enchemos as redes de paraugas de cores!☔️☂️☔️☂️☔️