13 de febreiro de 2014

Cámbiocho por un conto.

Un ano máis tivo lugar na biblioteca esta actividade na que o alumnado de Primaria agasallou á biblioteca coas súas creacións a cambio dun conto.
Presentaremos, nas seguintes entradas, algunhas das súas fermosas creacións.
Este ano o proxecto e obradoiro de lecto-escritura xira en torno á obra de Fina Casalderrey  "ÁS DE MOSCA PARA ANXO".

Grazas a este proxecto temos unha nova amiga na biblioteca ... o seu nome ...

Un saúdo.
MIMI

ÁS DE MOSCA PARA ANXO.

Manuel Uhía
www.finacasalderrey.com
Fina Casalderrey

Este é o título da obra que este curso escolar estamos lendo como partida do noso proxecto de lecto-escritura: "Escribir e ler para ser competentes" e do que iremos amosando as producións feitas nas aulas.

"Ás de mosca para Anxo" é unha obra da escritora Fina Casalderrey e ilustrada por Manuel Uhía.
Un saúdo.
MIMI.

12 de febreiro, Nenos e nenas soldado.

Tal e como vos anticipamos na entrada anterior, celebramos no colexio a comemoración desta data traballando nas aulas coa letra da canción "A ronda do soldadinho" que danzamos todos no ximnasio.
Podedes ver o vídeo a continuación.




Un saúdo.
MIMI.

5 de febreiro de 2014

Contra a utilización dos nenos e nenas soldado.

Estamos a comemorar este ano o Día da Paz dun xeito diferente.
Nestes días imos traballar polo Día Interncional contra a Utilización dos Nenos e Nenas Soldado que se comemora o día 12 de febreiro.

Con tal motivo estamos aprendendo a letra da canción "A RONDA DO SOLDADINHO"  na fermosa versión que fixo a cantante portuguesa ISABEL SILVESTRE do célebre tema composto polo cantautor JOSÉ MÁRIO BRANCO.

Podedes ver  AQUÍ  ao alumnado de 6º curso de Primaria que danza e canta esta canción mentras que AQUÍ atoparedes aos máis cativos (Educción infantil).

 O alumnado de educación infantil decorou os corredores coas sús propostas para a Paz. Temos unha pequena mostra nos vídeos que AQUÍ vos deixamos e que aparecen no seu blog.

Un saúdo.
MIMI.

O soldadiño de chumbo.

Nestes días traballaremos na biblioteca a historia de "O soldadiño de chumbo". Deixámosvos esta fermosa e premiada curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde.




Un saúdo.
MIMI.