Guia Nadal 2019 by Amor Ruibal on Scribd
20 de decembro de 2019
Recomendacións lectoras para este Nadal.
O trimestre chega ao seu fin e, co descanso do Nadal, chegan tamén as nosas recomendacións na guía de lecturas que elaboramos na biblioteca.
Etiquetas:
Animación Lectura,
Biblioteca,
Curso 2019-20,
Dinamización,
EDLG,
Guías lectura,
Lectoescritura,
Nadal,
Publicacións,
recomendacións.
Visita do Apalpador e da Apalpadora
Hoxe recibimos con ilusión a visita do Apalpador e da Apalpadora, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra na que participa o Concello de Barro.
Estas figuras míticas do Nadal galego, acompañadas dun acordeonista, dun guitarrista e dun burro fariñeiro fixeron as ledicias do noso alumnado con cancións, bailes, anécdotas e moita, moitísima diversión, transmitindo valores tan importantes como a igualdade, o respecto pola natureza, o coidado do medio ambiente e hábitos de alimentación saudable.
Moitísimas grazas!!!
Bo Nadal!!!
Etiquetas:
Biblioteca,
BP,
Colaboracións,
Concello,
Conmemoracións,
Cultura,
Curso 2019-20,
Dinamización,
EDLG,
Medioambiente,
Nadal,
Saúde,
Valores
19 de decembro de 2019
Sesións de contacontos con Cris De Caldas
No marco do Programa para o Fomento da Igualdade que estamos a desenvolver no centro ao longo deste curso escolar, o equipo da Biblioteca organizou tres sesións de contacontos para o alumnado de Primaria con Cris De Caldas.
De 1º a 4º de Primaria, o alumnado gozou da sesión `Rosa non é unha cor...´ na que Cris desenvolveu con moito humor tres contos sobre a igualdade:
- `Ferdinando, o touro´ de Munro Leaf.
- `As cores´. Adaptación de Cris de Caldas, inspirada no conto homónimo incluído no libro `Contos para antes de espertar´ de Nunila López Samanero.
- `A historia dos bonobos con lentes´ de Adela Turín.
Pola súa banda, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo o pracer de participar na sesión `Contos en lila´ sobre os rols de xénero e como desmontar algúns deles, ao través de catro historias:
- `A princesa vestida cunha bolsa de papel´ de Robert Munsch.
- `Unha Carapuchiña Vermella´ de Marjolaine Leray.
- `Simón, o chorón´ de Cris de Caldas.
- `As lavandeiras rebeldes´ de John Yeoman e Quentin Blake.
As sesións desenvolvéronse nun ambiente tan dinámico como divertido e contaron coa colaboración de todo o alumnado. Ao final, Cris escribiu unha fermosa dedicatoria no libro de sinaturas da Biblioteca.
Grandísimo pracer, Cris!!!
Moitísimas grazas!!!
Etiquetas:
Animación Lectura,
Biblioteca,
Colaboracións,
Contos,
Curso 2019-20,
Dinamización,
EDLG,
Igualdade,
Pensar,
Proxectos,
Reflexións,
Teatro,
Valores,
Visitas
18 de decembro de 2019
Tradicional visita de Papá Noel
Esta mañá recibimos a tradicional visita de Papá Noel, que veu cargadiño de regalos para repartir entre todas as crianzas de Infantil pola súa fantástica participación no XIX Concurso de Postais de Nadal, convocado polo Concello de Barro ao través da OMIX.
Mantivo, ademais, uns entrañables encontros co alumnado de Primaria, a quen entregou lamberetadas que foron moi ben recibidas.
A actividade estivo organizada polo Concello de Barro e a OMIX.
Moitísimas grazas!!!
Etiquetas:
Biblioteca,
BP,
Colaboracións,
Concello,
Concursos,
Conmemoracións,
Curso 2019-20,
Dinamización,
EDLG,
Nadal,
Valores
Resolución do XIX Concurso de Postais de Nadal
O Concello de Barro ao través da OMIX vén de publicar o cartaz coa resolución do XIX Concurso de Postais de Nadal.
Parabéns ás persoas gañadoras!!!
Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!!!
As postais premiadas do noso centro son:
3ª Categoría: IRIA GARCÍA PAZ (4º A)
4ª Categoría: CANDELA VÁZQUEZ GONZÁLEZ (6º B)
7ª Categoría (Equipo): FRANCISCO XOSÉ GÓMEZ FOLGAR (pai) e SARA GÓMEZ CASTRO (filla)
Etiquetas:
Biblioteca,
BP,
Colaboracións,
Concello,
Concursos,
Conmemoracións,
Curso 2019-20,
Dinamización,
EDLG,
Nadal,
Valores
12 de decembro de 2019
Somos iguais
O alumnado de Infantil participou hoxe na sesión de contacontos `Somos iguais´ protagonizada por Raquel Queizás. A actividade, organizada polo equipo da nosa Biblioteca, enmárcase no Programa para o Fomento da Igualdade, que estamos a desenvolver no centro neste curso escolar.
As nosas crianzas seguiron con moitísima atención e diversión os tres contos que Raquel interpretou con moita arte e sabedoría:
- `Arturo e Clementina´ de Adela Turín.
- `A metade de Xan´ de Gemma Lineas.
- `¡Mesa, trágame!´ de Gabriela Keselman.
Antes da despedida, Raquel Queizás deixou a súa pegada no libro de honra da nosa Biblioteca.
Grande, Raquel!!!
Moitísimas grazas!!!
Etiquetas:
Animación Lectura,
Biblioteca,
Colaboracións,
Contos,
Curso 2019-20,
Dinamización,
EDLG,
Igualdade,
Pensar,
Proxectos,
Reflexións,
Teatro,
Valores
11 de decembro de 2019
Concerto Didáctico de Música Tradicional
Todo o alumnado do centro gozou antes de onte dunha fantástica viaxe pola tradición musical de Galicia da man de Felipe Rea e Inés Tilve, pai e nai do noso alumno Fiz. Gaitas, clarinete, pandeireta, pandeira, mais tamén cunchas, culleres, cuncas, unha tixola, un prato, unha cabaza, un sacho, unha peneira, unha mesa... soaron e resoaron en perfecta combinación musical, demostrando que aparellos, obxectos ou apeiros de labranza, ademais de cumprir a súa función, teñen un son natural ideal para o acompañamento musical.
O entusiasmo animou a nenos e nenas a probalos con gran divertimento, non faltando tampouco unha parella voluntaria que soubo puntear moi ben unha muiñeira.
Un concerto marabilloso!!!
Moitísimas grazas!!!
Etiquetas:
As familias contan,
Biblioteca,
Colaboracións,
Concerto,
Curso 2019-20,
Dinamización,
EDLG,
Música,
Tradicións
9 de decembro de 2019
150 Aniversario do Nacemento de Amor Ruibal
No marco das actividades programadas polo Concello para conmemorar o 150 aniversario do nacemento de Ángel Amor Ruibal, o alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu na nosa Biblioteca a unha charla impartida por D. Ángel Alfonso Piñeiro, veciño, mestre xubilado (moitos anos destinado no noso centro) e avó dunha alumna.
D. Ángel contou anécdotas e datos importantes da vida e obra de Amor Ruibal, persoeiro ilustre que dá nome ao noso centro e tamén ao grupo de danzas tradicionais de Barro. Falou da súa grande preparación e da importancia que tivo na súa época como pensador, filólogo, teólogo e escritor. Acompañou a charla cuns dípticos informativos que repartiu entre o alumnado e escribiu unha bonita dedicatoria no libro de sinaturas da Biblioteca.
Encantounos!!!
Moitísimas grazas!!!
Etiquetas:
As familias contan,
Biblioteca,
Colaboracións,
Concello,
Conmemoracións,
Curso 2019-20,
Dinamización,
EDLG,
Historia,
Valores
4 de decembro de 2019
XIX Concurso de Postais de Nadal
O Concello de Barro a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) ven de convocar o tradicional Concurso de Postais de Nadal, no que poden participar as persoas que estuden ou vivan en Barro.
- Empregade o impreso facilitado pola organización.
- O tema é libre.
- De levar texto, o idioma a empregar é o galego.
- Non pode levar o nome escrito.
- As postais presentadas no colexio levarán na parte posterior o curso e número de lista (que facilitarán as titoras).
- As postais da categoría "en equipo" (familiares e/ou amizades ata un máximo de 3 persoas) levarán na parte posterior as idades e parentesco.
As postais presentaranse na Biblioteca do CEIP Amor Ruibal antes das 14:00 h do venres 13 de decembro ou no rexistro do Concello de Barro ata o luns 16 de decembro.
Animádevos a participar!!!
Etiquetas:
Biblioteca,
BP,
Colaboracións,
Concello,
Concursos,
Conmemoracións,
Curso 2019-20,
Dinamización,
Nadal,
Normalización
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)