22 de maio de 2014

Entrega do VI Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.

E chegou o día...
O premio que este ano recaeu na cantautora coruñesa Mª José Silvar "SÉS",  foille entregado onte na Biblioteca Pública do Concello.
Amosamos unhas fotografías do acto, en breve... ofreceremos máis.




Sés falounos da importancia de coidar e defender a nosa lingua e a nosa cultura.
Tamén do importante que é cantar e bailar sen deixar atrás os libros, o estudo e a lectura.








Deixounos tamén un autógrafo e moi boas vibracións.
BICOS MIL E APRETAS PARA TI TAMÉN.

Un Saúdo.
MIMI.

19 de maio de 2014

Falamos de bicos...e de abrazos.

Este ano temos unha nova "amiga" na biblioteca. Chegou alí no Nadal, cando nós estabamos de vacacións pois ela sentíase soa na clase de infantil de 5 anos (nenos e nenas cos que estivera ata entón).

http://youtu.be/9DWz6mOONuE

Os que coñecedes esta rapariga sabedes que estou a falar de ESTRELA, a protagonista do libro de Fina Casalderrey "Ás de mosca para Anxo" que todo o colexio está lendo e traballando dentro do proxecto: " Escribir e ler para ser competentes".

Pois teño que contarvos que segundo dicen os seus compañeiros,  "Estrela dá bicos que estoupan coma estralotes", é una cativa moi agarimosa, espontánea, desexosa de facer amigos e amigas...  por ese motivo, na clase de música bailamos e cantamos unha cantiga popular galega chea de bicos e abrazos : "A Carrasquiña".

Podedes ver como o facemos picando na súa imaxe.

Un saúdo.
MIMI.

Os contos que contan. Gañadores 2014.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e dentro da programación cultural dos concellos de Barro e Portas, tivo lugar este fin de semana a entraga de premios deste concurso que levaba por título "Cóntame un conto veciño".
E así foi.
Primeiro, nun acto que tivo lugar na Biblioteca Pública de Barro o pasado venres 16 de Maio entregáronse os agasallos aos vencedores do 1º e 2º ciclo de Primaria así como ao 1º ciclo de Secundaria que leron os seus contos aos seus veciños.
Despois, na Azucreira de Portas tivo lugar a entrega de premios e lectura aos veciños dos contos gañadores de 2º e 3º ciclo de Primaria, así como do 2º ciclo de Secundaria.
Parabéns a todas e todos os gañadores e parabéns pola masiva participación.

Picando aquí tedes a resolución cos vencedores do concurso.

Un saúdo.
MIMI.

9 de maio de 2014

Concurso micropoemas.

Publicabamos en entradas anteriores a convocatoria do concurso de micropoemas e microrrelatos convocado pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística "Terras do Umia".
A alumna de 4º de Primaria Carla Vázquez Palacios, e o alumno Rodrigo Romero Castro de 5º curso de Primaria e participantes na categoría " B 2 ", resultaron gañadores.
Amosamos unhas imaxes do acto de recollida do premio que se celebrou en Portas hoxe, venres e ao que acudíron acompañados polos seus compañeiros, así como os seus poemas.


" O meu despertar"

Si de noite desperto, quero ir xogar
pero miña nai dime:
non é hora de xogar
senón de soñar.

Carla Vázquez, 4º









Era unha noite escura
que pasei na chaira
era rochosa, era de papel
e sentía que algo non ía ben.


Rodrigo Romero, 5º

 
Noraboa poetas!!

Un súdo.
MIMI.

E na VI edición gañou ...

Xa está resolta a segunda fase do proxecto. O alumnado de 5º curso presentou na biblioteca do cole o resultado da súa investigación.
Ofrecemos un video-resumo do proceso de exposición de candidatos, das votacións, do escrutinio, e ... o candidato gañador deste ano descubrirédelo ahí tamén.
Agardamos que vos guste.



Un saúdo.
MIMI.

8 de maio de 2014

Candidatos VI Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.

Por sexto ano, o alumnado de 5º curso de Primaria, responsable do proxecto interdisciplinar que finaliza coa entrega do Premio MIMI, nos presentou aos candidatos desta edición e sobre os que investigaron:

Por vez primeira e con moito pesar pola nosa parte, sucedeu que quedaron fóra de concurso dúas candidaturas :
  •    Os deportistas pontevedreses ANTÓN PAZ BLANCO (vela) e JUAN SAAVEDRA (tiro) propostos pola ANPA do colexio por non cumplir os requisitos indicados nas bases do concurso.
  •    "ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA" proposta polo blogue "Novas de Barro" por recibir a candidatura "fóra de plazo" e non poder cubrir a investigación por parte do alumnado. 
Gracias a todos os que tan xenerosamente participades ano a ano con nós no desenvolvemento deste proxecto.
Un saúdo.
MIMI.

O neno e a estrela.

Presentamos este fermoso conto sobre a infancia do autor homenaxeado nas letras este ano, Xosé Mª Díaz Castro. Achéganos á figura do autor, da súa vida e obra.



Se queres ler o libro na pantalla preme no seguinte enlace:

O neno e a estrela.



Unha publicación dixital con licencia creative commons que podemos atopar tamén en papel editado por Fabaloba edicións.

Un saúdo
MIMI





7 de maio de 2014

Abril de libros.

Baixo este epígrafe presentamos as diferentes actividades que se desenvolveron no colexio ao longo do mes de abril para comemorar o día do libro.
  • Un obradoio de papiroflexia, no que aprendimos como facer uns marcapáxinas moi orixinais. Primeiro na biblio e logo cos compañeiros na clase.
  • Visitounos o contacontos e autor teatral Inacio Vilariño.
  • Fixemos nós de contacontos, na actividade de "contacontos interciclos" na que todos os cursos contamos e escoitamos contos.
  • Recomendamos lecturas. Falamos dos contos e libros que máis nos gustan.
Ollade o resumo no seguinte video.
Un saúdo.
MIMI.