31 de maio de 2015

Visita de Héctor Lorenzo

A pasada semana tivemos no colexio a última das actividades programadas polas Letras. O músico e cantante Héctor Lorenzo visitounos para interpretar algúns dos poemas de Raúl Gómez Pato aos que lle puxo música.
Comenzou o seu recital cun poema de Valle Inclán titulado "Paxariño novo" e a continuación interpretou: Os zapatos, A dorna, A serea, A serra, O libro, A pulseira.
Se queredes ver como resultou todo, mirade o vídeo. Nós pasámolo moi ben cantando, batendo palmas, e bailando coas cantigas.
Moitas grazas Héctor por tan doce mañá.! 
Un saúdo.
MIMI.

28 de maio de 2015

Contacontos interciclos




A pasada semana tivemos unha actividade máis dentro da programación deste"Mes dos libros e das letras". O contacontos interciclos.

 Amosamos uns "collages" fotográficos desta actividade.







 Igual que en anos anteriores, o alumnado de 1º curso da ESO pertencente ao IES de Barro, estivo no noso centro para facer unha sesión de contacontos. 



Os contos que prepararon foron :

- O xuízo.
- A Carapuchiña vermella.
- Viaxe á terra de Xauxa.
-  O xabarín.
-  A cincenta que non quería comer perdices.

-  Indo para a feira.







Gracias ao Departamento de Normalización do IES pola colaboración, especialmente a Marisa. 
Noraboa polo resultado!, e.....  
Gracias a todos e a todas pola vosa participación!!
Deica pronto!

Un saúdo.
MIMI.

14 de maio de 2015

Na VII edición gañou...

Terminado o proceso de exposición de candidaturas, votacións e reconto dos votos emitidos xa temos un gañador.
Para coñecer máis deste proxecto segue o video e coñecerás tamén aos vencedores desta edición.
Mais información no blog do terceiro ciclo, alumnado de 5º curso que, ano tras ano, desenvolve o Proxecto.
Un saúdo.
MIMI.




13 de maio de 2015

Premiados no concurso: "Cóntame un conto, veciño"

Xa temos a resolución do concurso!

E aquí vos deixamos o cartaz cos Premiados e finalistas.

A entrega de Premios será na Escola Taller do Concello de Barro o venres día 15 ás 19:00 hs.

A lectura dos contos farase nos Concellos de Barro e Portas tal e como figura no cartaz.

Parabéns a todos e a todas!!

Un saúdo.
MIMI. 



12 de maio de 2015

Candidatos VII Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.

Reunímomos na biblioteca do cole para escoitar a exposición que fixo o alumnado de 5º curso responsable deste proxecto.
Presentáronnos as cinco candidaturas sobre as que investigaron este ano.

Candidaturas VII Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.
Queremos agradecer o interese e a colaboración de todos os organismos e institucións que ano tras ano nos apoian e colaboran coas súas propostas.

Un saúdo.
MIMI.

10 de maio de 2015

Celebramos o Día do Libro.

Para celebrar esta data no colexio, realizamos unha serie de actividades que recollemos no video que amosamos a continuación.
Son as seguintes:
  • Apadriñamento lector: "Padriños" e "madriñas" de Primaria agasallaron coa lectura dun conto ao alumnado de Educación Infantil e 1º curso de Primaria.
  • Exposición do Proxecto "Os cabalos" realizado por Manuel Maquieira de 5º curso de Primaria.
  • Visita á Biblioteca Pública de Barro. 
Un saúdo.
MIMI.

9 de maio de 2015

Concurso Micropoemas

Publicabamos nunha entrada anterior aló polo mes de xaneiro, a convocatoria do VII Concurso de micropoemas e microrrelatos convocado pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística "Terras do Umia".
A alumna de 5º de Primaria Vera Monteagudo Vázquez, participante na categoría " B 3 ", resultou gañadora.
  O acto de recollida do premio tivo lugar un ano mais en Portas, na "Festa da Lingua" que co gallo da celebración das Letras Galegas reúne aos centros públicos da comarca. Alí estivo o alumnado de 5º curso de Primaria acompañado das súas mestras (Luz e Ángela).

Lectura dos micropoemas o Día da Poesía.



Cincocentas piratas
enfermas de tos.
Que tomen xarope!
Un día si, e un día non.







Vera amosa o seu diploma e o agasallo recibido, a noveliña "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas e ilustrada por Víctor Rivas da Editorial  Xerais.

Este libro figura na nosa Recomendación de Lecturas do Nadal, 2014 e leva recibido varios premios neste último ano:
  • Premio Merlín,2014.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro do ano 2014.
  • Premio Neira Vilas de literatura Infantil e Xuvenil, 2014


Alumnado de 5º curso na "Azucreira" de Portas.












 Graciñas a todolos poetas participantes e, ...
A MIÑA NORABOA PIRATA, VERA!! 

UN saúdo,
MIMI.

6 de maio de 2015

NEIRA VILAS NO AMOR RUIBAL.


Como xa anunciamos en entradas anteriores o ilustre escritor Don Xosé Neira Vilas estivo de visita no colexio o pasado día 8 de Abril.
Ofrecemos hoxe un video resumo da súa estadía e paso polo noso centro.
Dende aquí desexámoslle unha pronta recuperación da súa enfermidade, pois sabemos o esforzo que esta visita supuxo para el e por riba de todo quixo cumplir coa súa palabra.



Un Saúdo
MIMI

4 de maio de 2015

Escoitamos a Neira Vilas.

O alumnado de 3º ciclo de primaria entrevistou a Neira Vilas no seu encontro co escritor na Biblioteca do centro o pasado día 8 de Abril.
Como resultado deste encontro ofrecemos estes materiais en recollidos en formato "podcast", que son arquivos de audio dispoñibles en rede, con cada unha das cuestións plantexadas. 
Desafortunadamente non están a totalidade das preguntas formuladas, pero sí unha boa escolma. 
Podedes acceder a máis información sobre o proxecto no blog do 3º ciclo.
Coidamos que é un testimonio de interese e desexamos que vos guste.





Un saúdo.
MIMI.

2 de maio de 2015

Apadriñamento lector.

Este ano por vez primeira realizamos esta actividade no noso centro para conmemorar O Día do Libro o pasado 23 de abril.
Nesta actividade cada alumno ou alumna de Educación Infantil  e 1º curso de Educación Primaria disfrutou, durante a "Hora de ler" desta data, do agasallo dunha lectura por parte do seu padriño ou madriña lectora.
Foi unha ledicia entrar nas aulas ou pasar polos corredores donde tivo lugar a actividade e contemplar a inquedanza inicial e posteriormente ilusión con que escoitaban uns e contaban outros para compartir tan fermoso instante. 

Ben paga a pena repetir a experiencia!!

Aquí amosamos a reportaxe resumo da actividade.
Un saúdo.
MIMI.