30 de outubro de 2016

Voluntariado no Mes da Biblioteca.

Ao longo do mes de Outubro iniciamos a actividade co alumnado na nosa biblioteca.
En primeiro lugar foi o novo equipo de Axudantes de Biblioteca o que firmou o seu compromiso e por quendas está formándose para poder abrir as portas e comenzar co seu traballo habitual.
Ademais das explicacións da mestra encargada, os e as axudantes do curso anterior están colaborando na formación e integración d@s nov@s compañeir@s.
Colaboraron tamén para a creación de obradoiros, dos que amosamos os froitos neste vídeo resumo coa celebración da "Semana da Biblioteca" e do "Samaín"




Unha chea de traballo en favor da comunidade escolar!! 
Bravo por vós!!
Un saúdo.
MIMI.

26 de outubro de 2016

Resolución definitiva do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares (PLAMBE) 2016/17

O DOG de hoxe, 26 de outubro, publica a Orde de 13 de outubro  pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/17. A resolución detalla as contías asignadas a cada centro para este curso que para os centros con máis de dous anos de permanencia no programa será só para fondos, e paraos incluídos nesta convocatoria e na correspondente ao curso anterior, será para fondos, mobiliario e outros equipamentos imprescindibles, así como para gastos de funcionamento.

As bibliotecas escolares, deben ter, ademais, no orzamento "ordinario" derivado dos gastos de funcionamento do centro, de entre un 5% e un 10%, según as instrucións de comezos de curso da D.X. de Centros e Recursos Humanos. 
Intégranse 38 centros públicos e 10 centros concertados, polo que o total de centros integrados nesta Rede de Bibliotecas Escolares" que constitúe o PLAMBE chega este ano a 615 centros.

Un saúdo,
MIMI

21 de outubro de 2016

Outubro, Mes da Biblioteca.

Este mes celebramos no colexio o mes da Biblioteca e concretamente o vindeiro luns, día 24 celébrase o Día das Bibliotecas.
A nosa mascota, MIMI, envía unha carta ás familias do noso alumnado para contarlles como o imos celebrar no noso centro. Ademais de enviala en papel, aquí vos deixamos a versión dixital da mesma.

Animádevos a participar!
Contamos co todos e todas vós!
Un saúdo,
MIMI.