25 de febreiro de 2022

VENRES DE ENTROIDO

 E así chegamos a este venres con moitas ganas de entroidar e pasalo xenial!


Moitísimas grazas, familias, por estar aí sempre 
ao pé do canón!!!

FELIZ ENTROIDO!!!


24 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022: MANDADO DE MIMI PARA O VENRES

Velaquí as nosas peregrinas e peregrinos posando hoxe felices diante da catedral de Santiago de Compostela.

Moitísimas grazas, familias, polo voso grandísimo apoio nesta gozosa peregrinaxe!!!


 Preparádevos ben para gozar mañá dunha xornada especial de entroidar!


23 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022: MANDADO DE MIMI PARA O XOVES

 Velaquí unha mostra das testas ben adornadiñas que pulularon hoxe polo CEIP Amor Ruibal.

Moitísimas grazas, familias, pola vosa implicación!!!


Mañá, unha cousiña máis!



22 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022: MANDADO DE MIMI PARA O MÉRCORES

 Que ben cumpriron hoxe as nosas nenas e nenos co mandado de MIMI!!!

Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!

A ver como relucen esas cabeciñas mañá, mércores!

18 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022

Todo preparado no CEIP Amor Ruibal para a celebración do Entroido que virá marcado, coma sempre, polos mandados de MIMI, a mascota da nosa Biblioteca. 

Este ano, os mandados estarán relacionados co noso PDI "BARRO NO CAMIÑO".


3 de febreiro de 2022

NON HAI FRONTEIRAS PARA A PAZ

No marco da dobre conmemoración do Día da Non Violencia e da Paz máis o Día da Ilustración 2022, compartimos un vídeo creado cos xeniais debuxos do alumnado de Primaria baixo o lema NON HAI FRONTEIRAS PARA A PAZ, proposto por Sara, unha alumna de 5º, logo de escoitar nunha clase de música o espectacular Terra das marabillosas Tanxugueiras.

Moitísimos Parabéns, artistas!!!

DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN

Para conmemorar este ano o Día da Paz e o Día da Ilustración, coincidentes ambos o mesmo día, 30 de xaneiro, todo o alumnado do centro desenvolveu actividades variadas de investigación, lectoescritura, oralidade, musicais e plásticas, que lle permitiron reflexionar sobre o valor da non violencia e da paz, e crear fermosos carteis e murais de cores vibrantes e luminosas, con simboloxía pacifista e claras referencias a destacados artistas como Keith Haring, Klimt, Picasso, Cándido Bidó e Romero Britto, que reflexionaron amplamente sobre a guerra, a paz, a esperanza e a felicidade nas súas obras.


FANTÁSTICOS TRABALLOS!!!

MOITÍSIMOS PARABÉNS, ARTISTAS!!!

2 de febreiro de 2022

DÍA DA CANDELORIA

"Pola Candeloria, ningunha ave voa soa"
 
Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria, o día no que casan os paxariños. No colexio quixemos celebrar este día cun fermoso mural realizado polas crianzas de educación Infantil. Nos últimos días, cando saïamos ao patio, buscabamos escoitar os rechouchíos dos paxaros entre as árbores. A primavera está pronta e anúnciase co regreso das primeiras aves. 
 
Para aprender máis sobre paxaros e sobre este fermoso día, deixámosvos este libro interactivo. Premede sobre a ligazón:
 
 
 
 
Agardamos que vos guste!