O venres 26 de outubro foi un día moi emotivo para a comunidade educativa do CEIP Amor Ruibal de Barro. Reunímonos na Nave da Música do Concello para entregar o X Premio MIMI a MAMÁ CABRA pola difusión da lingua e cultura galega a través das súas fermosas cancións.
Tomi López, Harry Price e Iago Rodríguez, tres integrantes do grupo, subiron ao escenario, xunto ao alumnado de 6º, responsable do proxecto, para recibir o Premio (unha talla en madeira de MIMI, a mascota da Biblioteca do colexio, feita polo artista Fran Rodríguez Remiseiro) e desenvolver animadas actuacións musicais seguidas con grande entusiasmo por todo o auditorio.
É o broche de ouro a un grandísimo traballo desenvolvido o curso pasado no que participou tamén o alumnado que cursa actualmente 1º da ESO no IES de Barro, que asistiu gustoso xunto a profesorado do seu centro.
Ao final do acto, MAMÁ CABRA posou xenerosamente con alumnado e profesorado e asinou unha bonita dedicatoria no libro de visitas da nosa Biblioteca.
MOITÍSIMOS PARABÉNS, MAMÁ CABRA!
MOITÍSIMAS GRAZAS!
Podedes ver un resumo desta xornada memorábel no seguinte vídeo:
Ademais, o alumnado do colexio deixou nos blogs respectivos as súas impresións.
No blog PEQUECHOLANDIA:
No blog de 1º e 2º:
No blog de 3º e 4º:
No blog de 5º e 6º:
https://amorruibaltercerciclo.blogspot.com/2018/10/entrega-do-x-premio-mimi-mama-cabra.html