23 de novembro de 2017

22 de novembro de 2017

Visita de Petra

O pasado luns, día 20, recibimos no noso centro unha visita moi especial. Carlos Taboada e Quique Mauricio presentáronnos nun orixinal contacontos a Petra, unha artista da Idade de Bronce.
Quique contounos que daquela facían gravados picando nas pedras e penedos. As figuras que máis empregaban eran as de animais (como os cabalos) e tamén xeométricas (sobre todo espirais).
Contounos sobre os petróglifos cercanos: Mogor, Campolameiro, ... e de "Terras de Pontevedra" que é unha mancomunidade turística que quere promocionar os nosos recursos, neste caso a "Arte Rupestre".
Tivemos ocasión de facerlle algunhas preguntas que contestou con moita paciencia; mentras esto ocorría, Carlos (que é ilustrador) fixo un debuxo precioso de Petra diante dun petróglifo e despois ensinounos como facer un debuxo dela.
Quedaron moi chulos!!
Amosamos un pequeno vídeo cunha escolma de fotografías deste contacontos-obradoiro.


 
Carlos e Quique pasaron pola Biblioteca do cole e deixáronnos unha bonita dedicatoria no noso libro de visitas.
Moitas grazas!
Foi unha actividade moi interesante!


Carta de MIMI polo 25N

Hoxe enviamos ás familias do noso alumnado unha carta na que citamos a toda a comunidade educativa e veciñanza a unha concentración diante do edificio do Concello e na que participarán tamén o IES, as ANPAS e o Concello de Barro o vindeiro venres dentro das actividades conmemorativas do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Animádevos a participar!!
Contamos con vós!!
Un saúdo.
MIMI

18 de novembro de 2017

Agardamos a visita de "Petra"

O vindeiro luns chegarán ao noso centro os integrantes de "Polo correo do vento" (Enrique Mauricio e Carlos Taboada) para presentar a "Petra" a todo o alumnado de Primaria.
Con eles aprenderemos unha morea de cousas acerca da Idade do Bronce e a Arte Rupestre.

Trátase dunha actividade organizada pola mancomunidade Terras de Pontevedra e conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Barro.

Quique e Carlos visitaron o noso centro hai dous cursos para presentarnos un contacontos dentro da campaña "Protexendo o Camiño" da Xunta de Galicia.
Vémonos na biblioteca!
Un saúdo.
MIMI.

17 de novembro de 2017

Magosto no CEIP Amor Ruibal

A pasada semana tivo lugar no noso centro a celebración do Magosto. Foi unha mañá moi activa na que toda a rapazada gozou cos xogos populares que se organizaron nos patios do colexio. Despois, reunímonos no patio de infantil para cantar e bailar tod@s xunt@s a canción "O noso magosto".


Esta canción, habitual nas nosas celebracións, ten letra e coreografía creada polo noso alumnado a partir da melodía da cantiga popular "Na beira do mar". Nesta ocasión alumnado de 5º e 6º curso de Primaria interpretaron esta peza con frautas, pandeiretas, cunchas de vieira e bombo.
Tod@s estiveron xeniais: Cantantes, instrumentistas, bailaríns e bailarinas.




Parabéns!
A continuación amosamos un vídeo resumo do acontecido ao longo da mañá. Agardamos que vos guste!


Un saúdo.
MIMI

6 de novembro de 2017

E chegou o Magosto!

Hoxe chegou á Biblioteca do cole a última aportación para a exposición de outono, o alumnado de 5º curso de Primaria elaborou unha fantástica "Castañeira-call". 
Eles foron os primeiros en retratarse e dar comezo ao noso magosto.


Ofrecemos tamén as imaxes dos cartaces gañadores e finalistas do concurso que celebramos para anunciar o Magosto no noso centro.
Moitísimas grazas polas vosas aportacións!!


Un saúdo,
MIMI

5 de novembro de 2017

Charla sobre seguridade na rede.

O pasado martes día 31 personouse no centro Jose Manuel Lustres, membro da comandancia da Guardia Civil de Vilagarcía para impartir unha charla sobre os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e redes sociais.
Comentou a gran utilidade da internet pero alertounos dos distintos perigos que agocha hoxe en día.

Abordou temas para a protección dos nosos dispositivos (manter a actualización do sistema operativo, ter antivirus, sistemas de bloqueo,...) precaución no uso de wifis abertas, aparición de contido dañino nas buscas realizadas,... e ofreceu recursos e consellos para poder navegar con seguridade.

Para completar o ciclo formativo, ofreceu a posibilidade de impartir no centro unha charla para as persoas responsables (familias, mestr@s,...) da que informaremos tan pronto teñamos data.

Un saúdo,
MIMI


4 de novembro de 2017

Actividades no "Mes das Bibliotecas"

Ao longo de todo o mes de outubro desenvolvéronse unha chea de actividades para celebrar o Mes das Bibliotecas.
Como ven sendo habitual nestas datas, visitamos a Biblioteca Pública. En colaboración coa OMIX de Barro organizamos un calendario no que todo o alumnado do noso centro visitou as súas instalacións.
Recollemos un resumo da visita no seguinte vídeo.


No noso centro organizáronse diversas actividades e todas arredor da Biblioteca: 
  • Un novo grupo de Axudantes da Biblioteca reuníuse para coñecer polo miudo as súas funcións, cales serían as gardas asignadas, ...
  • O Club de Lectura celebrou tamén a súa primeira reunión o Día da Biblioteca Escolar.
  • As distintas aulas pasaron pola Biblioteca do cole para visitar a exposición "Outono de contos" durante a Semana Grande, coñecer o lema e cartaz das Bibliotecas deste curso escolar, ler contos, recibir formación de usuarios, e recibir os seus carnés de lectores para comezar o préstamo.
  • O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria acudíu a unha charla impartida por personal da Guardia Civil sobre Novas Tecnoloxías e Redes Sociais, actividade de formación relacionada coa ALFIN / AMI. 
Recollemos todas estas actividades no vídeo resumo que ofrecemos a continuación.



Un montón de traballo e bo facer en prol das Bibliotecas!
Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!
Un saúdo,
MIMI

3 de novembro de 2017

Cartaces do Magosto

Xa temos os cartaces gañadores do concurso deste ano!!
En Educación Infantil cada aula presentou un único cartaz de creación colectiva., resultando o cartaz gañador o elaborado pola aula de 6º de Infantil B


En Primaria o proceso de selección foi diferente. En cada aula elaboráronse diversos cartaces ( a maioría en grupos) e foi o alumnado quen votou para seleccionar o que sería finalista da súa clase.
De todos os cartaces finalistas o gañador foi o presentado pola aula de 2º B e foi elaborado por: Alejandro Monteagudo, Brais Ucha, Carlos Taboada, Iago Seijo, Paula Rivas e Lucía Sánchez.

Parabens artistas!!
Grazas a todos e todas pola vosa participación!! 
Un saúdo
MIMI.