25 de xaneiro de 2015

Recibimos un agasallo.

Nunha entrada anterior informamos da visita ao noso centro do popular pintor da nosa terra Manuel Ruibal. O alumnado do 3º ciclo recibíuno despois de ter investigado sobre a súa obra no primeiro trimestre.
O que vos queremos amosar hoxe é o agasallo que recibimos hai uns días no colexio. Trátase dunha pintura dedicada e asinada por el para a biblioteca do noso centro e que xa ocupa un lugar destacado nela.
MOITÍSIMAS GRAZAS !!

Un saúdo.
MIMI.

14 de xaneiro de 2015

VII Concurso Microtextos "terras do Umia"


Convócase por séptimo ano o Concurso de Microtextos no que poderá participar toda a comunidade educativa dos centros  que integran a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Cartaz elaborado por alumnas do IES Alfonso VII, Caldas.

Bases do concurso:

  • Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
  • Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de catro.
  • Poderase participar nunha sección ou nas dúas.
  • Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
  • A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “CINCOCENTAS”.
  • No texto presentado debe constar nome e apelidos, curso, centro escolar, e categoría á que pertence @ participante.
  • O prazo límite para enviar os textos será o venres, 6 de febreiro de 2015
  • Deberán entregarse na biblioteca do centro ou ben á coordinadora do EDNL antes do 2 de febreiro de 2015.

Categorías:

    • A :      Infantil
    • B.1 :    1º ciclo de primaria.
    • B.2 :   2º ciclo de primaria.
    • B.3 :   3º ciclo de primaria
    • C :     Secundaria
    • D :     Bacharelato.
    • E :     Profesorado, persoal non docente e familias.

Premios:

Un xurado elixido polos coordinadores/as dos Equipos de Dinamización da lingua galega dos distintos centros participantes, concederá un premio comarcal por categoría. Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria. 
Os ENDLG poderán conceder premios aos finalistas dos seus centros.
Os traballos premiados en todas as categorías, así como os finalistas dos distintos centros, serán expostos nas rúas dos Concellos participantes co nome do autor e do centro, dentro da programación cultural dos respectivos concellos. Tamén aparecerán nos blogs e páxinas webs dos centros educativos participantes, así como nas respectivas revistas escolares.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!
Un saúdo.
MIMI.