29 de maio de 2016

MENUDA BICHERÍA !

Como sabedes "MENUDA BICHERÍA" é o proxecto que estamos a desenvolver no centro ao longo deste curso escolar. 
As tarefas desenvolvidas foron moi variadas e os distintos niveis agrupáronse para ler, crear textos variados, investigar, ... sempre dentro da temática elexida.

Así Educación Infantil investigou sobre "BICHOS" e a proposta literaria unha recollida de  textos de tradición oral (ditos, refráns, adiviñas, ...) sobre os mesmos.
O alumnado de 1º e 2º curso preferíu afondar nos mares e a súa proposta é a de "BICHERÍA DO MAR" desde os peixes máis comúns das nosas costas aos xigantes mariños.
En 3º nivel escolleron investigar e aprender sobre a mitoloxía e o seu proxecto baseouse nos "SERES MITOLÓXICOS"
Pola contra en 4º nivel decantáronse polo mundo do cine, televisión e vídeo-xogo, así o seu proxecto foi para explorar sobre "BICHERÍA AUDIOVISUAL"
Os maiores do cole, 5º e 6º curso decidiron indagar nas rarezas de certos animais e así investigar "BICHOS RAROS"

Resumimos o resultado nesta imaxe que será coa que poidades enlazar na marxe dereita do blog para acceder á documentación que vaiamos achegando de aquí a final do curso.

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/search/label/Bichos

Un saúdo,
MIMI.

28 de maio de 2016

Entrega agasallos Infantil concurso contos

O pasado venres día 20 de maio o alcalde de Barro, Sr. Abraldes, estivo na biblioteca do noso colexio para facer entrega ao alumnado de Educación Infantil dos agasallos pola participación no concurso de contos: "Cóntame un conto veciño"
Estivo acompañado de Pili, a encargada da Biblioteca Pública e OMIX do concello.
Deron grazas a todos, alumnado e profesorado pola participación neste concurso e entregaron a un representante de cada clase (@ encargad@ do día) o agasallo correspondiente.
Agasalláronnos tamén coa presenza da contacontos "Cristina De Caldas" que fixo rir e gozar a tod@s cos seus contos.
Amosamos un vídeo no que se resume o acontecido nesta actividade.
Un saúdo,
MIMI.

24 de maio de 2016

Concurso de Portadas para a Revista Escolar.

Un ano máis convocamos desde a Biblioteca do centro e en colaboración co ENDL o concurso de portadas para a nosa revista escolar "Cousas Nosas"
Esta vez pedimos a colaboración das familias para a súa realización na casa. Lede as bases que aparecen publicadas no vídeo que amosamos a continuación.



Animádevos a participar!
A gañadora será portada deste ano 
e as finalistas de cada ciclo aparecerán na contraportada.
Un saúdo.
MIMI. 

22 de maio de 2016

Apadriñamento lector

O pasado luns día 16 de maio tivo lugar no noso centro esta actividade que tanto éxito tivera na edición anterior.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Primaria escolleu un libro, ben entre os da súa casa ou ben da nosa biblioteca, para contárllelo aos seus compañeiros ou acompañeiras máis cativos.
Na hora de ler dese día @s peques estaban agardando impacientes a que chegasen os seus padriños e madriñas para lerlles un conto.
Podedes ver o ben que resultou a actividade si mirades o vídeo que preparamos.
Resultou unha xornada entrañable, daba gusto escoitar os murmurios e o seu goce cos contos.
Un saúdo.
MIMI.

21 de maio de 2016

Visita á Biblioteca Pública.

Unha das actividades que fixemos para celebrar o Día do libro foi a da visita á Biblioteca Públca do concello. Alí Pili e máis Ana tiñan preparados para nós un contacontos.
Gozamos coa historia de "O Grúfalo"  escrito por Julia Donaldson e "A vaca que puxo un ovo" de Andy Cutbill , ambos publicados pola editorial Patasdepeixe.



Moitas Grazas a ambalas dúas.
Un saúdo.
MIMI.

11 de maio de 2016

Cóntame un conto veciño, publicada a relación de contos gañadores.

Resolto o concurso de contos convocado polos concellos de Barro e Portas "Cóntame un conto veciño" ofrecemos información do mesmo chegada ao noso centro pola organización.

Os gañadores do noso centro son os seguintes:

Do 1º curso de Primaria, Finalista:
Anxo Couso Alba co relato : 
"O val máxico" 

Do 3º curso de Primaria, Finalista:
Aitor Fernández Castro co relato:  
"Os cinco piratas do capitán"

Do 6º curso de Primaria, Mención especial:
Elia Puddu Sanmartín co relato:
"Cámbiome de escola"
 
Na categoría adultos, Gañador:
Francisco J. Casal Fernández
co relato "A misión"


Elia e Fran deberán ler os seus contos e recoller o seu agasallo no acto que se vai celebrar no auditorio da Azucreira de Portas este domingo día 15 ás 19:15 horas.
Anxo e Aitor  recollerán o seu premio e lerán os seus relatos o vindeiro luns, día 16, no acto que se celebrará no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Barro ás 19:00 horas.

Os máis sinceros parabéns para tod@s!
Un saúdo,
MIMI. 

9 de maio de 2016

Concurso de micropoemas e Festa da Lingua.

O pasado venres día 6 de Maio tivo lugar na Azucreira de Portas a VII edición da Festa da Lingua. Esta celebración está organizada pola Coordinadora Comarcal "Terras do Umia" e reúne nesta data a tódolos centros integrantes para facer entrega dos premios aos gañadores dos concursos convocados por esta Coordinadora: "Concurso de microtextos" e "Son do Umia"

O alumnado de 4º curso foi o seleccionado este ano para acudir a este acto e acompañar á súa compañeira de nivel, Sara Casalderrey Magdalena por ser a vencedora na categoría B2 (3º e 4º curso de Primaria) no apartado de micropoemas. 







O seu micropoema:


As babosas andan despacio
non apuran nin un pouquiño,
andan a devagar 
e máis non poden apurar. 

 



Nesta convocatoria tamén foi merecedor de premio no noso centro, o micropoema da categoría E (profesorado, persoal non docente e familias) presentado por Rafael Ruibal, o noso director.

O seu micropoema:
Como as pingas de choiva cando escampa
como o silencio ao pe dos beizos
como se fai un diamante
devagar.  







Este ano ademais o noso centro aportou unha actuación musical á Festa.
O alumnado de 4º curso interpretou e coreografiou un poema de Manuel  María musicado por Uxía Senlle e Maxín Blanco " A vaca". A fotografía amosa un momento da actución. 



Foi unha xornada moi intensa, e o fixeron moi, pero que moi ben. 

A NOSA NORABOA PARA TOD@S VÓS !! 

Un saúdo,
MIMI. 

6 de maio de 2016

Na VIII edición gañou ...

Terminado o proceso de exposición de candidaturas, demos paso ás votacións e posterior reconto dos votos emitidos co que xa temos un gañador.
Se queres saber como se desenvolveu todo o proceso no noso centro, podes mirar o vídeo e así coñecerás ao gañador desta edición.



Para coñecer máis sobre o gañador desta edición podes ler tamén no blog do terceiro ciclo, onde hai cumplida información do mesmo.
Só tes que seguir o enlace:  Blog do terceiro ciclo - Gañador VIII Premio MIMI.

Un saúdo,
MIMI.

3 de maio de 2016

Candidaturas do VIII Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.

Reunímonos un ano máis na biblioteca do centro para escoitar a exposición que fixo o alumnado de 5º curso responsable do proxecto.
Presentáronnos as cinco candidaturas sobre as que investigaron este curso.


Agradecemos a colaboración das entidades e organismos que siguen apoiándonos ano tras ano coas súas propostas.
Un saúdo,
MIMI.

1 de maio de 2016

Contacontos interciclos, 2016

Durante esta semana estivemos na biblioteca do cole para realizar a actividade de "Contacontos interciclos" tal como anunciaba o programa de actos para este mes "Do Libro ás Letras".
Todos os grupos o fixeron moi ben. Cada clase preparou o seu conto ao longo do mes, con postas en escea moi varaidas.
Deixamos unhas fotografías de cada un dos contos e pronto teredes os enlaces aos vídeos de cada contacontos. Tamén estarán dispoñibles desde os blogs de cada ciclo.

Alumnado de 2º A preparou "O espantallo amigo" escrito por Xosé Neira Vilas e publicado por Galaxia. 











Os alumnos e alumnas de 2º B prepararon "O bigote de Mimí" de Manuel María (autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas) e publicado pola Casa-Museo Manuel María.









As dúas clases de 3º curso prepararon o mesmo conto, "El monstruo de colores" escrito por Anna Llenas e editado por Flamboyant. Cada clase contouno a un nivel diferente de infantil.
                                                                               



3º B contou o seu conto ao alumnado de 5 anos.










3º A estivo contando ao alumnado de 4 anos.











Os seguintes foron os alumnos e alumnas de 5º curso que contaron "A casa da mosca chosca" un conto popular ruso escrito en galego por Eva Mejuto e publicado por Kalandraka.
Algúns axudantes repetiron a súa intervención e outr@s cederon o seu papel a outr@s compañeir@s.






O alumnado de 6º curso preparou unha adaptación e tradución ao galego dun libro de Alain Serres publicado por SM na coleción Barco de Vapor titulado "Capublicita roja".
Eles e elas contaron: "Capublicita vermella" e deixaron o exemplar que elaboraron para a Biblioteca. Estará na sección de producións propias.




O alumnado de 4º curso preparou para os máis cativos do cole, o alumnado de 3 anos, dous contos. Un en galego e outro en castelán.


O primeiro foi "Loboferoz" escrto por Patacrúa & Chené e publicado por OQO editora.











O segundo, "Vamos a cazar un oso" escrito por Michael Rosen y publicado por Ekaré, en español.
O mesmo conto está publicado en galego por Kalandraka baixo o título "Imos cazar un oso"







Por último recibimos a visita de alumnos e alumnas do IES de Barro (antiguos alumnos do noso centro) que prepararon para o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria dous contos: "A flauta máxica", conto musical a partir da ópera de Mozart que leva o mesmo título e " O demo da carapuchiña" adaptación feita por eles do clásico da "Carapuchiña vermella"

Moitísimas grazas a todos e todas!
Fixéstelo moi ben!!
Un saúdo
MIMI.