31 de decembro de 2016

Feliz 2017


As nosas recomendacións

Adoitamos ofrecer nestas datas unha selección de lecturas que preparamos para que  incluades nas vosas cartas aos Reis.
Agardamos sexan do voso agrado.


Un saúdo
MIMI

22 de decembro de 2016

Visita de Papá Noel e Programa de Nadal

O pasado luns, día 19, recibimos unha visita moi especial no noso centro. Papá Noel percorreu as aulas para entregar uns agasallos ao noso alumnado máis cativo e así agradecer a súa participación no Concurso de Postais de Nadal que convocou o Concello.
Recollemos a súa visita neste pequeno vídeo:



Xunto cos agasallos deixou tamén o Programa de Actividades que se van a desenvolver no Concello durante estas festas. Botade unha ollada:

Un saúdo,
MIMI

21 de decembro de 2016

Concurso de postais de Nadal

O pasado venres, día 16 o xurado do XVI Concurso de Postais do Concello reuníuse na Biblioteca Pública para emitir o seu fallo.

Os gañadores recibirán o seu premio día 5 de Xaneiro despois da Cabalgata de Reis.
As postais premiadas son as seguintes:

 
 Categoría 2, David Sanmartín 1º B



Categoría 3, 
Silvia Gago 3º B
(á esquerda)


Categoría 4, 
Alba Villar  5º curso
(á dereita)








Categoría 7, En equipo 

Hugo  Blanco Pulleiro  con
Paula Blanco Pulleiro (irmá) e
María Prego Piñeiro (bisavoa)









Categorías 5 e 6
Alumnado de ESO     

 PARABÉNS AOS GAÑADORES E GAÑADORAS !!

GRAZAS  A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!

BO NADAL!
Un saúdo.
MIMI.
 
 



20 de decembro de 2016

ESPECIES DE ESPAZOS

 O alumnado de 5º e 6º curso tomou boa nota do que aprendeu nesta visita e coas súas aportacións ofrécennos abundante información no seu blog. 
Podedes acceder premendo no enlace a continuación:


Sheila compartíu con nós o vídeo-presentación con que ilustrou a visita:



Moitísimas grazas Sheila polo teu entusiasmo e 
por transmitirnos esa sensibilidade por coidar e dar valor "ao noso".

Un saúdo.
MIMI

Visita á exposición "Especies de espazos"

A pasada semana o alumnado  de 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Primaria acudíu ao Centro Cívico de Barro, antigo edificio do concello, para visitar a exposición fotográfica que alí estaba dos obradoiros realizados no mes de setembro dentro do proxecto "Especies de espazos".
Alí estaba Sheila García Prado, artífice deste proxecto, agardando por nós para contarnos como xurdíu esta idea, o seu desenvolvemento e finalmente a realización dos obradoiros.
Ofrecemos un vídeo-resumo fotográfico da nosa visita e agardamos que vos guste tanto como a nós esta iniciativa que nos pareceu moi interesante.


Un saúdo.
MIMI.

Visitamos a Biblioteca Pública

Durante o mes de novembro o noso alumnado acudíu á Biblioteca Pública do Concello para realizar diversas actividades.
Formación de usuarios, revisando as normas da bibliotca, contacontos e creación dun "Conto misterioso" foron as actividades desenvolvidas polo alumnado de Educación Infantil e os cursos máis baixos de Primaria.
Pili, a informadora xuvenil, tiña dous contos preparados para nós: "Monstruo rosa" de Olga de Dios  e  "Un bicho extraño" de Mon Laporta e Óscar Vilán   cos que gozamos moito.

O alumnado dos cursos superiores (3º a 6º de Primaria) participou nun xogo de pistas por equipos para descubrir a identidade de varios escritores e escritoras. Este xogo recibe o nome de "Quen é quen?" e tódalas pistas para completalo están nun blog creado para tal fin. Podedes atopar na columna da dereita a imaxe que o enlaza ou premer  a continuación.

Preparamos un video-resumo con imaxes de todas estas actividades, botádelle un ollo!




Un saúdo.
MIMI.

15 de decembro de 2016

Lecturas temáticas

Queremos ofrecervos esta pequena escolma de lecturas que nos poden acompañar e axudar a responder a máis dunha pregunta ante esta situación tan difícil e chea de dor.

Con todo o noso amor,
Un saúdo
MIMI

6 de decembro de 2016

Mes da Ciencia cos 3Rs.

Este ano, como mencionamos en entradas anteriores, o Proxecto Documental do centro ten como tema central "A reciclaxe".
No mes de novembro, Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca, tivemos a oportunidade de informarnos e aprender sobre a contaminación, a importancia da redución de residuos, e como podemos axudar no coidado do noso planeta grazas aos cartaces que a Asociación Ecoloxista Amigos da Terra nos cedeu en préstamo durante este tempo.
Amosamos no seguinte vídeo un resumo das actividades que se desenvolveron na biblioteca do noso centro.



Un saúdo,
MIMI.

5 de decembro de 2016

Club de lectura. Comezamos andaina!

Hoxe, luns día 5 de decembro, tivemos a primeira reunión do noso Club de Lectura no tempo do recreo e tivo lugar na biblioteca. Foi moi especial pois pechouse a biblioteca para acoller en exclusiva aos membros do Club. Tomamos varias decisións importantes:
Decidimos que o primeiro libro que iamos ler fora: "Mago por casualidad" de Laura Gallego.
Decidimos solicitar carnet ou número de lector para o club de lectura e xestionar no péstamo da biblioteca os libros que vaiamos lendo.
Decidimos que fariamos unha reunión quincenal ( a próxima vai ser o luns 19) e a profe anticipou que haberá sorpresa.
Boa andaina e boas lecturas para todas e todos!!

Un saúdo
MIMI

2 de decembro de 2016

CULTURGAL

Esta fin de semana, Pontevedra é cidade referente no eido cultural. Unha morea de actividades relacionadas cos libros, coa música, ... e para todos os públicos!!
Na imaxe podedes ver a programación máis relevante para público infantil e familiar.

Lugar: Recinto feiral de Pontevedra.
Días 2, 3 e 4 de Decembro.

Premede no enlace para acceder ao programa ampliado.

 Animádevos a visitalo, paga a pena!!

Un saúdo.
MIMI