21 de decembro de 2013

Feliz 2014

No seguinte video amosamos as postais gañadoras do concurso convocado este Nadal.
Debemos agradecer ás familias a súa participación e colaboración no mesmo. Desde a biblioteca do cole, todo o profesorado queremos expresar os nosos mellores desexos para este Nadal e o vindeiro ano 2014.




Un saúdo.
MIMI.

As nosas recomendacións.

Estas son as nosas recomendacións de lecturas para este Nadal.



Un saúdo.
MIMI.

20 de decembro de 2013

Estudiar ciencia na biblioteca.

Recibimos na biblioteca un regalo moi especial. Isi, alumno de 6º curso, coa axuda das súas profesoras : Claudia de Coñecemento do Medio e Ángela de PT, elaborou un globo terráqueo.
Para o seu proxecto investigou na biblioteca, consultou varios atlas, ... e traballou arreo.
A súa compañeira Lorena fíxolle unha pequena entrevista na que nolo explica.




Moitas grazas Isi,
Un saúdo.
MIMI.

5 de novembro de 2013

Semana da Biblioteca 2013

Ola de novo, a pesares do retraso,
Queremos amosar neste video as actividades que fixemos no colexio con motivo da celebración do Día, para nós Semana, da Biblioteca Escolar na que abrimos as portas da biblioteca a toda a comunidade educativa despois dun ano de peche. Queda moito por facer... pero podemos gozar co resultado e ilusionarnos máis si cabe co novo proxecto.
Vémonos na biblio.
Un saúdo.
MIMI.

2 de outubro de 2013

Día da Biblioteca.

A Consellería de Cultura publica cada ano un cartel divulgativo que quere facer fincapé nas diversas posibilidades da Biblioteca Escolar como ferramenta de apoio ao currículo.
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.
A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

6 de xullo de 2013

COUSAS NOSAS XIII

Aínda que con un lixeiro retraso xa está dispoñible a versión dixital da nosa revista escolar. A pesar de ter repartido a versión impresa en papel coidamos interesante que a disfrutedes a toda cor a través do noso blog. Disfrutádea.
Podedes acceder a esta e ás revistas anteriores a través do blog de lecturas e produccións propias, do que tedes enlace na barra da dereita "Cousas nosas".

Un saúdo.
MIMI.

revista13 by Amor_Ruibal


27 de xuño de 2013

As nosas recomendacións.

Unha vez máis publicamos as nosas recomendacións de lecturas para este verán. Recomendacións para todas as edades e gustos.

Un saúdo.
MIMI.





2 de xuño de 2013

Visita de ... RICARDO GÓMEZ.

O martes día 20 de maio recibimos no Centro a visita do escritor Ricardo Gómez.
Ricardo é autor de  "Ojo de Nube", obra coa que traballou todo o centro como parte do Proxecto de Lectoescritura  do Club Telémaco. Laura Benítez (coordinadora do Proxecto) o acompañaba. Ricardo estivo encantado de atender ao alumnado que se reuníu por ciclos. Con cada grupo, foi respondendo ás preguntas que lle plantexaron sobre a súa obra, comentando detalles interesantes atopados na lectura, e  cuestións relacionadas co seu oficio de escritor.
Incluso a profe Claudia atopou un "gazapo" na historia que Ricardo prometeu revisar. Alguén recorda cal é? 

Un saúdo.
MIMI.


1 de xuño de 2013

AID visita o cole.

Como indicamos en anteriores entradas, o V Premio MIMI ao Persoeiro do ano recaeu na rapeira viguesa AID. O pasado día 13 de maio estivo no cole para recollelo.
Aínda que con retraso, presentamos un pequeno video do momento da entrega.
Un saúdo.
MIMI.


16 de maio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

O CEIP Antonio Pedrosa Latas de Lugo amablemente comparte coas bibliotecas escolares o seguinte enlace que recolle recursos de Roberto Vidal Bolaño,autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS, Celeiro, Viveiro - Lugo

Un saúdo.
MIMI.

Letras Galegas 2013

Este ano cúmplense 50 anos das "Letras Galegas". Recóllense nesta selección de textos.

Un saúdo.
MIMI.











15 de maio de 2013

Os contos que contan.

Xa se resolveu o concurso de narración organizado polo Concello de Barro "Os contos que contan" no que participa o alumnado do noso centro en colaboración coa Biblioteca Pública a través da OMIX.

Os relatos gañadores na categoría de Educación Primaria pertencen a :
1º Ciclo : Marcos Coejo Ayudes.
2º Ciclo : Brais de la Fuente Vila.
3º Ciclo : Virginia González Búa.

Os finalistas son:
1º Ciclo : Iago Vilas Fernández.
2º Ciclo : Andrea Buceta Oubiña e Elena Rodríguez Seijo.
3º Ciclo : Daniela Neira Sánchez, Darío Caeiro Nieto e Juan Carlos López Bolaños.

A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Barro ás 19,30 horas do xoves 16 de maio.

Cartel premios "Os contos que contan".

NORABOA  AOS PREMIADOS !!
Un saúdo.
MIMI.

14 de maio de 2013

Entrega do V Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.


Tal como vos informabamos días atrás o premio recaeu este ano na rapeira viguesa AÍD.
Hoxe tivo lugar o acto de entrega do que vos amosamos unhas fotografías, en breve... máis.
Prestade atención en vindeiros días.

Aid interpretou co alumnado de 5º, encargados de levar adiante este proxecto cada ano, o tema "Apréndeo" que tanto cantamos estes días no cole.




Regalounos a interpretación a ritmo de rap do poema "Adeus ríos, adeus fontes" como homenaxe a Rosalía de Castro  (da que dixo "É MEU IDOLO, UNHA GRAN MULLER").Está recollido no seu libro " Rapoemas" da editorial Galaxia.

Un saúdo.
MIMI.

13 de maio de 2013

Apréndeo. Aid

Este video está arrasando neste momento no noso centro. Corresponde a un Spot da Televisión de Galicia para a campaña "Servizo público, a calquera hora" protagonizado por Aíd.
 Esperamos que vos guste.
Un saúdo.
MIMI.

12 de maio de 2013

Concurso de micropoemas e microrrelatos.

Un ano máis o noso alumnado participou no concurso de micropoemas e microrrelatos convocado pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística "Terras do Umia".
A alumna de 2º de Primaria Alba Besada Louzán co seu poema "O norte" resultou gañadora na categoría B1 (1º ciclo de primaria). Amosamos o seu poema e unhas imaxes do acto de recollida do premio que se celebrou en Portas o pasado venres e ao que acudíu acompañada das mestras mailos seus compañeiros de nivel.   


O Norte

Onte fun ao Oeste
e alí había unha corte,
hoxe fun ao Norte
e alí había unha fonte.




NORABOA ALBA!!!
Saúdos.
MIMI.
 



9 de maio de 2013

Candidatos V Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.

Un ano máis - e van cinco - o alumnado de 5º curso de Primaria, responsable do proxecto interdisciplinar que finaliza coa entrega do Premio MIMI, nos presentou aos candidatos deste ano:


Saúdos.
MIMI


E gañou...

Se queredes descubrir quen gañou tras a votación só tedes que mirar o seguinte video que vos presentamos co procedemento de exposición das candidaturas e votacións posteriores.
Un saúdo.
MIMI.

2 de maio de 2013

Presentamos de novo... A nosa mascota.

Teño o gusto de presentarvos estas imaxes do traballo que se leva feito no cole para que a miña presencia se faga cada vez máis evidente.
Os alumnos e alumnas que este ano levaron adiante o proxecto do V Premio Mimi Ao Persoeiro do Ano foron os gañadores da votación que me deu nome aló polo curso 2008/09. Por esa razón facemos coincidir pasado e presente nesta presentación e coa presentación  dos candidatos ao premio, aproveito para saudarvos novamente.
Saúdos.
MIMI.


29 de abril de 2013

Cantamos HANI KUNI.

O pasado día 16 de Abril recibimos no colexio a visita de Laura Benítez, coordinadora en Galicia do proxecto de lecto-escritura no que está a traballar todo o centro co libro "ojo de Nube".
Quixemos adicar a "hora de ler" dese día a Laura deste xeito tan especial.
Recibímola no ximnasio do cole para cantarlle esta canción orixinal dos indios canadienses e adaptada pola profe Claudia como parte deste proxecto.
Esperamos que a disfrutedes.

Saúdos.
MIMI.



23 de abril de 2013

Día do libro.

Con motivo da celebración do día do libro imos levar a cabo esta semana unha serie de actividades das que vos iremos dando conta.
Hoxe presentamos o punto de lecturas que nos fixo chegar a rede de bibliotecas escolares e agradecemos a Paula Carballeira o precioso texto co que nos agasalla.


descarga o punto de lectura.


Só un libro.
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un lbro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?.
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademáis de letrase debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo…
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se dacata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de mín.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber se escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces pensó que a miñairmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.

Paula Carballeira.

Saúdos.
MIMI 

21 de abril de 2013

CLUB TELÉMACO.

    O Club de Escritura Telémaco posto en marcha pola Fundación SM e a Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE), organiza este proxecto co que pretende fomentar o acercamento dos nenos/as e adolescentes á literatura.
   Este curso, todo o centro, infantil e primaria,  participa nun Proxecto do Equipo da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE). Dirixido por Estela D´ Angelo Menéndez e coordinado por Laura Benítez Sastre. A obra literaria coa que estamos a traballar é "Ojo de Nube" do escritor Ricardo Gómez.

Saúdos.
MIMI.

Para máis información:
 http://www.clubescrituratelemaco.org/index.php


20 de abril de 2013

As Novas na escola.

O alumnado de 6º A prepararon nas clases de linguas un programa de telexornal. Este é o resultado.



Saúdos.
MIMI.




16 de abril de 2013

Pisadas

Mentres liamos o libro "Ojo de Nube",os nenos e nenas de 5 anos,descubrimos que os nenos indios aprendían a identificar pisadas dende ben pequenos. Traendo a experiencia o noso contorno tratamos de identificar as pisadas dos animais máis coñecidos entre nós. Ademais, recollemos algunhas pistas para identificalos. ¡¡¡A ver ser os adiviñades!!!!


La Voz de los Crow.

O alumnado de 6º A traballou nas clases de linguas na elaboración, redacción e producción dun xornal despois da lectura do libro " Ojo de nube" de Ricardo Gómez.
Botade unha ollada.




Un saúdo.
MIMI.





14 de abril de 2013

Sacos de medicina.

O alumnado de 3º e 4º curso de Primaria coseron e decoraron os sacos de menciñas coma os que usaban os indios Crow. Velaí o video cunha pequena mostra.



Saúdos.
MIMI.






10 de abril de 2013

Canción "HANI KUNI"

Preséntovos o vídeo da interpretación feita por alumnos e alumnas do CEIP Amor Ruibal da cantiga india "Hani Kuni".



Saúdos.
MIMI.

8 de abril de 2013

Puntos de lectura



Con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO anímovos a participar elaborando puntos de lectura.
Propóñovos facelo a partir da obra OJO DE NUBE coa que estamos a traballar nas aulas.
Saúdos.
MIMI.

1 de abril de 2013

Día do libro infantil e xuvenil.

O 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, se celebra o día do libro infantil e xuvenil.
O IBBY, organismo internacional que o promove, encargoulle á sección norteamericana este ano o cartel conmemorativo. Ilustrado por Ashley Bryan e cun poema de Pat Mora titulado "Book joy around the wortd". A traducción ao galego é de Concha Blanco.


Cartel conmemorativo
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios,
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan estrelas.

Lemos xuntos. Tí e eu, dando voltas e voltas
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


Saúdos.
Mimi.

31 de marzo de 2013

Visita de ANXO MOURE.

Quérovos amosar tamén esta presentación fotográfica dos mellores momentos da visita de Anxo Moure cos alumnos de Primaria.
Houbo tres sesións diferentes, unha para cada ciclo, nas que tod@s quedamos engaiolados co bo facer deste gran narrador de historias.


Saúdos.
MIMI.

Visitounos... ANXO MOURE.

O pasado venres día 22 de marzo (como xa vos anunciara) visitou o noso centro o Contacontos Anxo Moure.
Quixemos celebrar con él dun xeito diferente o día da árbore. Unir dun xeito especial o amor polas árbores e o coidado da natureza co amor pola lectura.
Todos no centro (alumnado, profesorado, e eu)  quedamos engaiolados coa música das ábores e co bo facer deste gran "carballo".
Velaí unhas imaxes da sesión co alumnado de Educación Infantil...




Saúdos.
MIMI.


24 de marzo de 2013

Cambiocho por un conto.

Esta experiencia de animación á lectura se desenvolveu dentro das actividades do proxecto "Escribir como lectores". Cada alumn@ regalou unha producción: conto, debuxo, cómic, ... para a biblioteca e a cambio recibíu o libro Ojo de Nube de Ricardo Gómez como obsequio. Todo o alumnado de Primaria participou nesta actividade, algúns con traballos increíbles.



Saúdos.
Mimi.

20 de marzo de 2013

O Carballo con Botas.

 Coa celebración do Día da Árbore o venres, recibiremos no cole a visita de Anxo Moure. Velaí un contiño deste autor que nos anima a poboar os nosos bosques.
Saúdos.
Mimi.

Infantil: La Tribu de los Indios Crow

Grazas á lectura do libro "OJO DE NUBE" aprendemos moitas cousas sobre os indios crow. Con toda esa información cada neno e nena de 5 anos fixo o seu libriño para levar a casa e informar as súas familias. Aquí vos deixamos unha mostra.

19 de marzo de 2013

Infantil: A Familia

Na aula fixemos un traballo sobre a familia de Ojo de Nube e tamén da familia de cada un dos nenos e nenas de 5 anos. O traballo titulábase "Eu e Ollo de Nube" ; consistía nunha comparativa da familia de cada neno/a e a de Ollo de Nube. Como resultado obtivemos a "Árbore Xenealóxica" de cada un dos alumnos/as e de Ollo de Nube. ¡¡¡Facede Clic na imaxe, movede o rato e premede nos nomes!!!




Infantil: Los indios Crow

A través da lectura do libro "Ojo de Nube" fomos aprendendo moitísimas cousas sobre os indios crow. Todo o que aprendemos escribímolo e debuxámolo, resultando esta pequena aplicación de imaxes interactivas, que responde  a prenguntas sinxelas como: onde vivían, como eran as súas casas, que cazaban, que recolectaban, que facían... ¡¡¡Facede clic na imaxe, movede o rato e premede nos círculos!!!




Infantil: Ilustacións "Ojo de Nube"

Os nenos e nenas de 4 anos traballaron tamén a obra de Ricardo Gómez "Ollo de Nube" a través das ilustracións do mesmo. A través dos debuxos traballaron sensacións,sentimentos como podedes ver no seguinte traballo. ¡Botádelle un ollo!

1 de marzo de 2013

Escribir como Lectores

Os nenos e nenas de 4 anos crearon un conto a partir da ilustración da portada do libro "Ojo de Nube", argumentando unha pequena historia. ¡Botádelle un ollo!


25 de febreiro de 2013

Infantil: A Tribu Guai

Para axudarnos a recordar os nomes  de toda a nosa tribu e outras cousas importantes fixemos un xogo LIM. Se queredes podedes intentar facelo, ¡É moi divertido!

Infantil: "Escribir como lectores"

No grupo de 5 anos comezamos a traballar o Libro de "OJO DE NUBE", facendo unha lectura da imaxe da portada e creando a partir da mesma unha nova historia titulada " A VIAXE DE AVI E LUCERO". O traballo de argumentación e ilustración cos rapaces/as foi moi interesante, creativo e orixinal.
O resultado foi este pequeno conto. ¡Unha historia fantástica! ¡Botádelle un ollo!

19 de febreiro de 2013

As nosas recomendacións.


Recomendamos lecturas cada trimestre.


Saúdos.
Mimi.

15 de febreiro de 2013

Infantil: Libro dos nomes indios

Estamos traballando o libro "Ojo de Nube" de Ricardo Gómez. Para comezar, cada un dos nenos e nenas compuxo o seu nome indio (cun animal, planta ou astro máis unha calidade do mesmo). Tamén, fixeron o círculo sagrado para poñerlle nome á tribu, houbo varias propostas e escolleuse por votación.

20 de xaneiro de 2013

Feliz 2013.

Aínda que con un lixeiro retraso amosamos no seguinte video as postais gañadoras do concurso convocado no nadal, con el reiteramos os nosos mellores desexos para este ano 2013.
Saúdos
Mimi.

9 de xaneiro de 2013

Xa temos título.

Presentamos o novo diseño e título para o blog. O título seleccionado é unha aportación da profe Amelia. Grazas profe e graciñas a tod@s polas vosas ideas e participación.
Saudos.
Mimi.