O pasado 21 de Marzo celebramos o Día da Poesía. Quixemos lembrarnos este ano dun xeito especial de Gloria Fuertes, poeta madrileña á que homenaxeamos este ano 2017 polo seu Centenario dedicándolle a nosa "Semana da Poesía"
Os peques de infantil traballaron varias poesías e irán amosándoas no seu blog para tod@s nós:
O equipo de voluntari@s convidaron aos seus compañeiros e compañeiras para compartir e ler poesías de Gloria Fuertes na Biblioteca, durante os recreos todos os días da semana.
Traballamos, como actividade artística, o "retrato" e a "caricatura" e así cada quen podía escoller cal entregar na proposta que fixo a Biblioteca para o panel do corredor.
Se premedes na imaxe poderedes ver unha escolma dos mellores, incluidos tamén no vídeo-resumo.
Durante a "Hora de ler" acudimos á Biblioteca para recitar os poemas creados por nós para o "Concurso de micropoemas Terras do Umia".
Durante a "Hora de ler" acudimos á Biblioteca para recitar os poemas creados por nós para o "Concurso de micropoemas Terras do Umia".
Encantounos escoitar a todos e todas as compañeiras!!
Xa sabemos tamén que son os e as finalistas do noso centro. Hoxe fixéronlle entrega dun pequeno agasallo.
Este ano ademais quixemos facer unha "mención especial" a varios compañeiros e compañeiras de 5º e 6º curso de Primaria polo ben que souberon recoller o espíritu do noso Proxecto BARRRO no seu poema, na súa creación, máxime cando o venres 24 conmemoramos tamén " O Día da Auga"
Parabéns polo voso traballo!!
Amosamos un vídeo-resumo no que recollemos imaxes de todas estas actividades.
Un saúdo,
MIMI
Ningún comentario:
Publicar un comentario